28/11/12

Semana contra a violencia de xénero: Olimpita


Olimpita traballa co seu home no mercado da Abacería de Barcelona, é vítima de malos tratos continuados desde hai ben de tempo. Olimpita non quere falar. Olimpita obedece. Obedece na casa e obedece no posto do mercado. Olimpita pasa dos insultos aos piropos, dos golpes aos aloumiños e así vai tirando.

Ass é un inmigrante africano que vén de deixar atrás a súa familia. Busca traballo, vivenda, amigos. Busca alomenos que o miren, que alguén lle fale como a unha persoa.

Os camiños se cruzan, Olimpita e Ass, Ass e Olimpita. Primeiro palabras, logo desexo/necesidade: sexual, humano, de compartir carencias, quen sabe... na vida poucas cousas son brancas ou negras aínda que no seu caso e así.

Buscar nos beizos de Ass a fuxida do medo, do tempo que pasa sen que nada cambie. Buscar en Olimpita a muller que quedou lonxe, un traballo, un contacto humano.

Mentres, os ciúmes do home, a violencia en aumento... todo ata chegar a un final tan tráxico e terrorífico como inesperado. E non conto máis, tédelo na nosa biblio, a ver que vos parece.


1 comentario:

Susana dijo...

Gustáronme moito as entradas desta semana. Lecturas fáciles na forma e profundas no contido. Aprendín moito e lin moito!!
A exposición no corredor de todos estes libros quedou moi chula. Parabéns!!