16/12/13

016

016

           Ao longo deste 1º trimestre, e coroado pola exposición 016 que montamos dende a B.E. e dende os Departamentos de Orientación e CC.SS. para conmemorar o Día Internacional contra a Violencia de Xénero, tratamos de abordar esta tremenda problemática facendo visibles os feitos e analizando os factores que parecen estar na súa orixe, tentando facer as reflexións necesarias, porque dun xeito alarmante –como indican os datos sobre violencia machista en adolescentes- cada vez son máis as xóvenes que se ven afectadas por este conflito.



            O noso obxectivo é evidenciar  dita problemática de violencia e reforzar a educación na igualdade, na dignidade e no respecto para contrarrestala. O traballo foi abordado con diferentes actividades nos catro niveis da ESO.
            Antes queremos salientar que dende as materias de Educación para a Cidadanía en 2º ESO e de Ética en 4º ESO, foi requerida e valorada a participación do alumnado para recopilar as noticias de prensa que foron saíndo nos diferentes medios nos últimos meses, e poder cubrir con elas un muro extenso no corredor do noso institituto que  nos mostrase claramente a sensación real de estar ante o acontecer case diário de violencia machista que acaba, en moitos casos, coa morte das vítimas. A idea era a repetición, a cantidade, facela tan visible que  nos asombrara a súa magnitude, o seu goteo persistente, para darnos conta de que no fondo da nosa sociedade -aparentemente avanzada- existe algo fundamental por resolver, que pasa pola revisión e disolución do concepto de xénero e das relacións de dominio e as diferenzas que marca. Demostrouse o que nos temiamos: que ían ser moi frecuentes, demasiado frecuentes estes feitos, sobre os que escribimos con letras ben grandes –a xeito de selos profundos- os conceptos: REXEITO- DENUNCIO; e en lugar destacado o 016 como indicación informativa onde acudir en caso de necesitar consello e axuda.


            Unha vez traballada e debatida nas aulas esta problemática entre adolescentes, as conclusións ás que podemos chegar son:

- A positiva implicación, interese e sensibilización do alumnado
- A aclaración de conceptos trastocados, como por exemplo que, en xeral, os alumnos tiveran unha idea do feminismo relacionada co dominio ou superioridade da muller con respecto ao home e o rexeitaran, namentres que as alumnas tiñan máis clara a relación do feminismo coa busca da  igualdade entre homes e mulleres. Non deixa de ser preocupante a estas alturas comprobar esta de-formación do pensamento na maioría dos rapaces.
- A constatación de que as materias de Ética en 4º e de Educación para a Cidadanía en 2º, son necesarias porque constitúen unha parte fundamental na súa aprendizaxe como persoas e na concienciación social ante a igualdade, o respecto, a dignidade, o compromiso, etc.
- Non podemos deixar de ser críticos e promover unha denuncia ante a perda e distorsión destas materias na nova reforma educativa (LOMCE), onde podiamos ter o espazo e tempo necesarios para desenvolver estes contidos.




ACTIVIDADES PROPOSTAS PARA CONMEMORAR O 25 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
A violencia contra as mulleres deriva da desigualdade de poder entre homes e mulleres”. Inés Alberdi.
          
   . ACTIVIDADES 1º ESO
OBXECTIVO: Sensiblilización sobre conceptos e valores cara a construír unha sociedade en igualdade entre homes e mulleres e fometar o bo trato entre parellas novas.
ACTIVIDADE . XOGO DE CONCEPTOS.
ACTIVIDADE. VIOLENCIA DE XÉNERO NA ADOLESCENCIA . “Diario de Laura”.
                     Lipdub . “ AMOR SE ESCRIBE CON BUENOS TRATOS”.
                    http://www.youtube.com/watch?v=g0eegge0GGg
DATAS E DATOS PARA LEMBRAR EN PÉ DE IGUALDADE...E NON ESQUECER O RESTO DO ANO.” M. Oliveira Malvar.
COORDINACIÓN: Orientación e Titoría

  .  ACTIVIDADES 2º e 3º ESO
OBXECTIVO: Sensibilización do alumnado e profesorado partindo da análise da realidade a través de noticias da prensa expostas no corredor e outras seleccionadas previamente polo profesorado. O tema central é a visibilización do incremento do maltrato entre adolescentes que perpetúan patrones sexistas. Como identificar estes sinais e a petición de axuda.
2º ESO
ACTIVIDADE
En parellas escoller unha noticia da exposición “O16” e expoñela aos compañeiros e compañeiras da clase.
3º ESO
ACTIVIDADE
En 3º curso da ESO estase seguindo o Programa de Mª José Urruzola “ Aprendendo a amar dende a aula” dende unha perspectiva coeducadora. Esta está integrada no Programa.
Análise, comentario e debate  na aula das noticias:
La violencia machista sobrevive en los jóvenes” El Pais.“Víctimas del machismo a los 15” El País.
SECUENCIACIÓN : 2 OU 3 SESIÓNS DE TITORÍA.
-Engadir que en Educación para a Cidadanía comentarán a curtametraxe de Icíar Bollaín Amores que matan”, ademais doutras actividades relacionadas.
COORDINACIÓN: Biblioteca, Educación para a ciudadanía, Orientación e Titoría.

 . ACTIVIDADES 4º ESO
OBXECTIVO: Sensibilización e anáise das orixes e manifestacións dos signos de violencia de xénero. Figura do maltratador e da vítima.
ACTIVIDADE
Visionado da película “Te doy mis ojosde Icíar Bollaín.
Desenvolvemento da Unidade Didáctica.

-Engadir que en Ética traballamos a fondo o tema da Violencia de Xénero, analizamos e comentamos artigos de prensa e contribuímnos a traer retallos de prensa para a exposición 016.
COORDINACIÓN: Biblioteca, Ética, Orientación e Titoría.


LIBROS RECOMENDADOS:
-ÁLVAREZ, Blanca. El puente de los cerezos. Madrid, Anaya, 2012.
-LIENAS, Gemma. O diario violeta de Carlota.Vigo, Galaxia, 2011
-LIENAS, Gemma. El diario azul de Carlota.Barcelona, El Aleph, 2010.
-LÓPEZ SALAMERO e CAMERO SIERRA, Myriam. La cenicienta que no quería comer perdices. Barcelona, Ed. Palneta, 2009.
-OLIVEIRA MALVAR, Mercedes.Datas e datos para lembrar en pé de igualdade...e non esquecer o resto do ano.Vigo. Concello de Vigo, 2011.
-SOUTO, Sonia. Aprendendo a previr a violencia de xénero.Vigo, A Nosa Terra, 2007.
-YOUSAFZAI, Malala e LAMB, Christina. Yo soy Malala. La joven que defendió el derecho a la educación y fue tiroteada por los talibanes. Madrid, Alianza Editorial, 2013.

1 comentario:

Irma dijo...

A coeducación é unha prioridade do departamento de orientación: Titoria, Ética e Educación para a cidadania supoñen o contacto directo co alumnado para analizar, concienciar e educar en igualdade.
A coordinación de actividades e a sensibilización foi un éxito.