20/10/11

Números da biblioteca e números de Fibonacci

Ás veces resulta interesante botar contas. Se nunha das entradas anteriores comentabamos que este ano se anotaran 70 alumnos/as ao noso Club de Lectura "Siareiros da Palabra", o mércores, na primeira reunión dos MQs, había 40 voluntarios/as. Das 110 persoas, 17 son ao mesmo tempo "siareiros" e MQs o que fai un total de 93 alumnos/as involucrados directamente na dinamización da biblioteca e o fomento da lectura. 

Se ademais temos en conta que neste curso hai 267 alumnos/as matriculados...temos unha porcentaxe do 34,8% do alumnado!!! Folga dicir que estamos ENCANTADAS!


E duns números a outros.

Onte, vía Trafegando Ronseis, descubrín un libro ilustrado máis que apetecible: "Fibonacci, el soñador de números" de Joseph D'Agnese e ilustrado por John O'Brien. O libro, da editorial Juventud, narra a biografía deste matemático italiano do s.XII-XIII, famoso por introducir en occidente os número árabes e popularizar coa súa obra "Liber Abaci" a aplicación dos novos números aos cambios de unidades, á contabilidade, aos criterios de divisibilidade,...

Pero se por algo é coñecido Fibonacci e pola súa sucesión de números: A serie de Fibonacci á que se relaciona con criterios estéticos na natureza, como a forma das caracolas, o reparto dos pétalos dunha flor, a disposición das follas nun talo,...

1 comentario:

Susana dijo...

Ás veces, hai que ver a realidade pasada a número para que sorprenda!! Moitas grazas ao alumnado polo nivel de implicación na biblioteca. É para vós, sen vós non tería sentido!