Unha das actividade desenvolvidas durante a formación de usuarios que levamos a cabo no primeiro trimestre, consistiu en pedirlle ao alumnado que deseñase a portada dun libro (novela, libro ilustrado, banda deseñada, divulgación, xuvenil,... en galego ou castelán), do que deberían inventar ademais o título e o autor/a/es. Posteriormente tiñan que catalogalo e poñerlle o tellolo correspondente.
O resultado dos traballos superou as nosas expectativas polo que decidimos mostralos a través dunha exposición, como xa adiantabamos na entrada anterior, titulada "Catálogo de best-sellers imaxinarios" e que se atopa no corredor, xusto diante da nosa biblioteca.
Para os que non a poidades visitar in situ, aquí vos deixamos unhas fotos.
Mais... o deseño non é o único que se lle dá ben ao noso alumnado. Para mostra, deixámosvos as tres DEFINICIÓNS de BIBLIOTECA que escolmamos, das obtidas durante a formación, por seren as que máis nos emocionaron.
“A biblioteca é un sitio
onde os libros invaden a imaxinación dos nenos”
Alexandre
Gesto Romero. 1ºA
“ A biblioteca é un
marabilloso lugar onde vivir aventuras nun grande mar de fermosas letras".
Alejandro
Romero Veloso”. 1ºB
“Unha biblioteca é como un
conto cheo de letras fermosas que te atrapan dentro dela".
Yéssica Bras Sanjuán 1ºB
3 comentarios:
Que bonitas reflexiós sobre a biblioteca
Xa estás recuperada??
Si profe, aquí me tes rompéndote a cabeza en atención educativa jajaja
Publicar un comentario