Onte no recreo houbo reunión de MQs para escoller o corazón gañador do noso concurso "Amor na rede". Despois de escolmar aqueles que cumprían as bases, fixemos unha selección de catro finalistas. Logo dunha difícil e rifada votación, o gañador foi o corazón que tedes abaixo na imaxe, que viña asinado como "Piolín" e resultou pertenecer a Cristina Vaqueiro Gómez de 3ºC.
Noraboa, Cristina!!! E xa sabes, vai pensando en a quen vas levar de cea...
Os outros tres finalistas pertencen a Jessica Bonet Iglesias (4ºA), Celina Fernández Vázquez (3º D) e Karen Engster (3ºA).
Ficamos moi satisfeitas pola numerosa participación. Grazas!
6 comentarios:
Moitas grazas pola entrada non o esperaba.
Grazas por todo.Estou moi ilusionada, aínda non o creo, non sei a quen levar de acompañamte.
Moitas grazas. :)
Noraboa a todas as gañadoras,especialmente a Celina porque ela xa é unha campioa.
Moitas grazas a todas/os pola vosa participación. Entrar no Instituto e ver unha rede ateigada de corazóns namorados alegraba o día. Parabéns aos MQ's pola súa campaña de promoción e alta participación.... A ver que se argalla para o Día do libro... ;)
:)
:)
):
O concurso estivo xenial, e quedaba super bonita a rede na entrada do instituto, podiamos volver a colgar os corazóns, e que quedasen decorando!
Por certo profes, tedes que facer unha entrada do 'tamen len' con fotos, que me fai falta unha :)
Niso andamos...
Publicar un comentario