14/3/12

Animando os muros da Biblioteca


O Departamento de Plástica do IES Pedras Rubias acometeu a tarefa de animar as paredes da biblioteca do instituto cunha serie de pinturas murais. Ademais de intentar facer máis atractivo este espazo, as pinturas teñen unha función sinalizadora das distintas zonas.


Nas seccións adicadas á Banda Deseñada, pintamos un rótulo coas palabras "Banda deseñada" dentro dun globo de texto (ou "balloom", como lle chaman os anglosaxóns). Ámbolos dous lados del, representamos o busto de dous personaxes da banda deseñada europea. O da banda esquerda (que é o personaxe que fala) é o Corto Maltés, un aventureiro de comezos do S.XX creado polo debuxante italiano Hugo Pratt. O da dereita é o seu simpático antagonista Rasputín (en parte baseado neste personaxe histórico). As súas peripecias abundan en referencias literarias a autores clásicos do xénero de aventuras como R.L. Stevenson, Joseph Conrad ou Jack London.

Noutra parede fixemos unha homenaxe ao manga xaponés, sabendo o interese que suscita este tipo de banda deseñada entre o noso alumnado. Escollemos a obra "Bakuman" de Tsugumi Ohba e Takeshi Obata, e representamos ao seu protagonista, un mozo que soña con converterse nun "mangaka" (debuxante de manga). Aquí vémolo en pleno acto creativo, mollando a plumiña nun tinteiro e desposto a poñerse mans á obra.











Outra sección na que interviñemos foi a Cinemateca, onde está a colección de películas en DVD da que dispón a biblioteca do centro. Nela pintamos unha claqueta como as que empregan os/as directores/as de cinema para indicar as súas escenas. Dentro dela rotulamos a palabra "Cinemateca", o nome do apartado. Para representar o mundo do cinema, buscamos unha imaxe que funcionara como unha icona, e pensamos na actriz británica Audrey Hepburn. Este retrato seu está inspirado no cartel da película "Almorzo con diamantes" (Breakfast at Tiffany's, a súa vez baseado nun libro de Truman Capote co mesmo título) que a consagrou como un mito de Hollywood e unha das intérpretes máis belas e elegantes da sétima Arte.
Nacho Ruíz
Profesor de  Plástica

5 comentarios:

Anónimo dijo...

son moi bonitos NACHO. Gustame como pintas,

Carmen dijo...

Os debuxos deixáronme sen palabras. Debuxalos nun papel é difícil, pero moito máis nunha parede!
Encántame o da película "Almorzo con diamantes".
Saúdos! :D

ana dijo...

Si Carmen, os debuxos son marabillosos pero é que Nacho vale moito!

Susana dijo...

Se vos parecen bonitos nesta entrada... hai que velos en directo! A verdade é que lle deron un "toque" moi especial. Moitas grazas, Nacho!

Irma dijo...

A verdade que sí, tedes moita razón!
Calixtina é máis acolledora e divertida gracias as aportacións de Nacho.

Un sáudo.