Dicir “Tamén len” é dicir José Luis, e viceversa. Así o demostrou na sesión do “Tamen len” deste
mes de Maio que nos ofreceu, como ese excompañeiro xubilado que segue a
colaborar con nós e, sobre todo, a compartir as infinitas lecturas, a gran
sabiduría, a arte da lectura comunicada oralmente, con esa memoria prodixiosa
que lle permite contar e revivir capítulos enteiros de “Platero y yo” cos que nos
emocionou en serio e en broma.
Sirvan de exemplo eses cadernos onde garda dende
1981 o inventario das lecturas que fixo ata hoxe, que case rondan as 3000,
adicándolle, cada mil libros lidos, tempo á relectura de “El Quijote”, pero
tamén insiste en adicarlle tempo a reler as que considera lecturas
fundamentais, esas que recibimos de xeito diferente nas diferentes idades ou
momentos da vida e que tantas referencias nos ofrecen para desvelar todo tipo
de misterios humanos, tan humanos.
Seguimos disfrutando e aprendendo contigo, grazas!
2 comentarios:
Non sabes como sinto non ter estado, pero os vídeos axúdan a facerme unha idea do que me perdín. Unha grande aperta!
Cada vez que José Luis viene a visitarnos nos hace pasar un buen rato. Me alegré mucho de poder verle de nuevo y que nos volviera a recitar el capítulo donde se presenta a Platero. Espero volver a verle por aquí para el curso que viene, si no nos hace una visita antes de que termine este :)
Itziar.
Publicar un comentario