O 14 de maio do 2012 visitounos Xulia Alonso,
autora de Futuro imperfecto e gran muller.
Nós, Karen Engster, Iria Alonso e Sofía
Carracedo, xunto con Jessica Bonet, tivémo-lo honor de presentala cun texto no
que expresamos as nosas impresións coa axuda da profesora de galego, Susana.
Despois da nosa lectura, a autora moi emocionada deu inicio á charla.
Como era unha autobiografía, sentímola moi
preto, casuou moita impresión en moitos de nós e ademais non se privou en
contar a súa experiencia coas drogas, con Nico, o seu amor e a enfermidade de ambos; sen olvidar a súa
filla Lucía, causa pola que escribiu este libro, e así deixar constancia en
papel e non permitir que a súa cabeza olvidara certos detalles.
De esquerda á dereita: Sofía, Karen, Iria, Jessica e Xulia Alonso |
A súa presentación foi amena, contounos algúns detalles máis que
nos chegaron fondo.
Ó comezo das preguntas ninguén se atrevía a
preguntar nada. Fíxose o silencio e... Mario de 3ºB, levántase e entrégalle un
pequeno ramo como agradecemento de todo o aportado. Xulia emocionouse, e detrás
dela fomos todos.
Finalmente, firmounos unhas profundas
dedicatorias, nas que dicía que se sentira moi ben, e moita xente entrogoulle ramos de flores
coma un mínimo agradecemento pola súa presenza e proximidade.
Karen
Engster, Iria Alonso e Sofía Carracedo, 3ªA
2 comentarios:
Gran persoa e acto, grazas ó departamento por realizalo!
Grandes e sentidas presentadoras que nos emocionaron a todos. Coincido en que a visita de Xulia foi unha honra e unha experiencia inolvidable.
Publicar un comentario