Durante os vindeiros días as entradas deste blog, en conmemoración do Día contra a violencia de xénero que se celebra o domingo, xirarán ao redor dos tema da coeducación, sexismo e a violencia e discriminación contra as mulleres.
Camiseta da campaña |
Portada de Crepúsculo |
O Concello de Pontevedra vén de facer pública a campaña municipal do 25 de novembro, Día contra a violencia de xénero. Dirixida aos máis novos/as, aproveita a estrea da derradeira entrega cinematográfica da saga Crepúsculo para convidalos a reflexionar sobre os valores que se inculcan nestes libros.
Dende a súa publicación no 2005, moitas voces teñen alertado sobre os roles que desempeñan mozos e mozas nesta saga, subliñando o papel de sumisión da muller e de agresión e control dos homes sobre elas.
Liches Crepúsculo? Que che parece Bella Swan? Pensaches algunha vez nela... fóra dunha historia de vampiros?
11 comentarios:
Preparádevos que para o próximo luns quedaremos a comer uns ex-alumnos do Pedras Rubias. Queremos facervos unha visitiña, esperamos que estedes ahí.
Os vosos desexos son ordes :)), aquí Paula e máis eu (Ana)moi ben mandadiñas que somos, agardámosvos con ansiedade, bicos.
Pois eu, con visitantes tan ilustres, non me perdo a comida...
Sobre Crepúsculo, só lin o primeiro libro e non me quedaron ganas de máis. A protagonista caeume fatal, tan sumisa, tan torpe, tan lánguida, á espera de que EL se fixe nela, a rescate... É branda, sumisa... Merece ser noiva dun vampiro taaaaaaaan ghuapo? (Anque anticuado, claro, vivo dende o século ... que? XVI, XVIII?) Ela non ten escusa, é unha moza do século XXI!! Onde está a valentía, a autonomía, a personalidade das mulleres desta época? Bella é o exemplo das mozas de hoxe? X( Noooooon. Gústame máis a prota de "Los juegos del hambre", esa si que é unha moza gherrilleira!
Ola! Que tal vos vai?
Sobre o libro de Crespúsculo gustaríame dicir que foi un dos poucos libros na miña vida que lin un anaco e con el xa tiven abondo. É un deses libros sen "chicha", a min non me aportou nada.
Se falamos de Bella é unha personaxe que semella sacada doutra época. Paréceme mentira que unha muller escriba un libro que trasmite eses valores.
Saúdos, deica outra ;)
Lepauli-
Que ben que seguides por aí, e ademais con comentarios interesantes.
Saúde.
Morte a crepúsculo, viva a harry potter e jk rowlin!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
Ola,
Canta participación!! Pois eu tamén penso como Carmen, nada interesante pode aportar este libro ás mentes despertas das mozas e mozos de hoxe!!
Biquiños!!
Esquecinme asinar, son Irma.
Carmen , eu tamén estou contigo!
Ana , Susana o outro día quedamos con ganas de veros :( , a pesar do bo recibimento por parte de Paula!
Bicos.
Eu tamén quedei coas ganas. Temos que volver a intentalo cando podades. Bicos.
Eu tamén quedei coas ganas. Temos que volver a intentalo cando podades. Bicos.
Publicar un comentario