31/1/13

Tamén len con... Sara Hermida


O xoves 24 visitounos Sara Hermida, unha benquerida exalumna e fantástica lectora, que fixo desta sesión do Tamén len toda unha declaración de principios ao elixir compartir con nós o discurso que Steve Jobs dera na Universidade de Stanford.

Carlos Pérez fixo ás presentacións e os alumnos Lois Martínez (3ºC) e Marta Dauzón (2ºC) deleitáronons cunha peza musical. 

Despois da lectura, Sara tivo a ben responder as preguntas do público interesado en coñecer anécdotas do seu paso polo noso centro, as súas recomendacións literarias, os estudios que cursa na actualidade e o motivo polo que escollera este discurso. Sara rememorou certa historia relacionada cuns botonciños on/off para apagar e acender aos pais (non imos dar máis detalles :)) e explicounos que a idea principal que nos quería deixar con este discurso era a de mostrar que o máis importante cara ao futuro é amar o que fagamos, ter inquietudes e loitar polo que se quere. Non se me ocorre mellor consello. 

Deixámosvos aquí o video do discurso en inglés con subtítulos en castelá e a versión traducida ao galego pola propia Sara. 






Sariña, folga dicir que es e serás sempre benvida neste centro e na nosa Calixtina. Grazas.

5 comentarios:

Ana Veloso dijo...

A verdade e que de todos os ''Tamén len'' nos que estiven este creo que foi o que máis me gustou. A lectura que escolleu Sara pareceume moi interesante e gustoume moito.

Susana dijo...

Dende logo, un Tamén len de luxo... Non podiamos esperar menos dunha lectora tan completa e competente! Foi un pracer e unha lección maxistral escoitarte, Sara, deixaches o listón moi alto! ;))

MARIA dijo...

A min o tamén len de Sara Hermida gustoume moito e pareceume moi ben que traducira un discurso que está en inglés ao galego. Eu digo : QUE OS ANIMEDES A VIR. NON SEXADES VAGOS!

Sarah dijo...

Alegrome de que vos gustase a miña lectura, foi un pracer asistir a un Tamén len! Espero que sigades así con esta iniciativa que me parece fantástica. Un saudo.

Miguele e Cristian 1\C dijo...

Moi INTERESANTE o tamen len foi unha boisima idea.