15/2/13

Signos de amor en papel

Como andamos todos amorosos esta semana, aquí vos deixo dúas curtametraxes moi románticas. A primeira coñecina grazas ao blog Trafegando Ronseis, titúlase "Paperman" e narra o que acontece cando conectas con alguén descoñecido un breve instante e, en lugar de deixar que ese momento máxico se diluía e quedar cavilando no que podería ter sido, decides cambiar o destino e loitar por sabelo. Producida polos Walt Disney Animation Studios e dirixida por John Kahrs, vén de gañar o premio Annie á mellor curtametraxe animada e opta ao Óscar na mesma categoría.



E como pasa tantas veces, esta curta fíxome recordar outra que me enviara un amigo por mail hai tempo e que tamén ten que ver con romper a rutina a través do amor. De novo o papel e a escrita como vehículo. Veño de atopala. Titúlase "Signs" e o seu director é Patrick Hughes (Australia). Desexo que vos gusten e que teñades unha boa fin de semana!

4 comentarios:

Alex Mene dijo...

Gustoume moito a curtametraxe de Signs, a de Paperman non ten sentido nin humor. Un saúdo.
Alex Mene

ana (biblosvivos) dijo...

jajajaj, o de Paperman é culpa miña!!! Aquí non esta a curta enteira... e non me dera conta. Toda unha sorpresa verte por aquí :)

ana (biblosvivos) dijo...

jajajaj, o de Paperman é culpa miña!!! Aquí non esta a curta enteira... e non me dera conta. Toda unha sorpresa verte por aquí :)

Xeila Piñeiro dijo...

Gustoume moito a curtametraxe "Signs" pareceme unha hitoria preciosa :)