Imaxe extraída do libro "El sonido de los colores" de Jimmy Liao |
Hoxe 23 de abril celébrase o Día Mundial do libro. Por razóns de organización tivemos que pospoñer ata o venres a nosa Maratón de Lectura, que este ano terá como protagonista un pequeno-gran libro "O principiño" co que conmemoraremos de paso o seu 70 aniversario. Como novidade farémolo plurilingüe, haberá lectura en galego, castelán, francés, inglés e portugués. Xa estades anotados para participar?
Ata entón, vos deixamos coa "Oda ao libro (II)" de Pablo Neruda.
Ir a descargar
2 comentarios:
Feliz día do libro.
Igualmente para ti, Álex
Publicar un comentario