9/12/13

TAMÉN LEN: con Fran Ojosnegros

Ten nome de tango, pero non: é un novo párroco en Salceda. O venres 22 de novembro visitounos para compartir con nós unha lectura e as súas vivencias. Demostrou que ten sentido do humor escollendo para ler con nós un  monólogo do "Club da Comedia", aínda que estivo a piques de inclinarse por un texto sobre socialismo, nunha liña máis seria. A presentación correu a cargo do profe de Relixión, Juan Carlos, bo coñecedor da súa laboura:



Bo día. É para min un gozo presentarvos a un amigo:

Francisco Javier Ojosnegros. Prefire que o chamen Fran, na súa época de estudante era coñecido por Ojosnegros (non é nome artístico como algúns pensaban,  é o apelido).
Naceu en Valladolid en setembro do 1975, o que queira saber a idade que calcule.
Naceu como galego aos oito anos e adoptou pouco a pouco a lingua de Rosalía e Castelao como a súa. Aos catorce anos entrou no seminario menor. Aos vinte e cinco licenciouse por Salamanca. Con vinte e seis anos ordenou sacerdote (din as malas linguas que deixando algún corazón roto, pero isto nunca se puido demostrar por unha comisión independente.)
Foi párroco de Crecente, Riveira, Quintela e Freixo. Profesor de relixión no Ceip Manuel Sieiro e en Valeixe- Touzosas.
Ten como adiccións coñecidas o acuarios (de laranxa) e o tabaco (LM). Entre as súas afeccións están a música, con grupos, quizá xa doutra época, como: Celtas cortos, Jarabe de palo...
Actual párroco de San Xurxo, da San Martiño da Picoña e de Santa María de Salceda, onde é veciño de María. É un bo lector. Déixovos coa súa lectura.
Fran explicounos entón que quixo escoller un texto que fose simpático e algo rompedor para transmitir que a lectura pode ser algo divertido e que nos axude a ver o mundo dende unha perspectiva crítica. Contounos que ás veces despois dun longo e esgotador día de actividades metíase na cama acompañado dun libro que o fixese durmir cun sorriso, deixando así  como último recordo no seu cerebro co día merecera a pena e que a vida, a pesar de moitos momentos duros, merece un sorriso.
Por iso escolle un monólogo do Club da comedia sobre as películas de Wal Disney.
Teño que engadir que a lectura resultou certamente divertida e rompedora e o diálogo posterior moi ameno.

 (Deixamos un enlace aos monólogos premendo en Club da Comedia)






No hay comentarios: