Hai un tempo, Alba, unha alumna colaboradora e asidua da biblioteca, recomendounos a música de Zaz en relación ao tema das viaxes. Aquí deixamos este post para compracela e coñecer un pouco maís desta cantante.
Zaz é unha xoven cantautora francesa que se deu a coñecer nestes últimos anos. Cunha boa formación musical, fusiona a canción francesa co gypsy jazz. Presenta influencias do jazz, ritmos africanos e latinos. Ten unha voz potente que sabe rodear dun estilo fresco, de letras con mensaxe e de gran simpatía.
Viaxamos con ela polas rúas de París e destacamos este video dunha actuación en Montmartre:
ou a subida que fixo co seu grupo ao Mont Blanc, neste enlace a este blog de francés que ten moi boas entradas e materiais:
http://onchattefranc.wordpress.com/2014/01/23/quand-la-vitalite-et-spontaneite-de-zaz-se-melangent-a-la-nature/
3 comentarios:
Preceme moi interesante este tema xa que é unha música moi bonita e moi propia de Paris
Unha entrada moi interesante, cunha música moi boa. Zaz é unha gran artista, con moito futuro por diante.
zaz e moi boa a escoitamos en frances, ten moito futuro.
LAura 1ºC
Publicar un comentario