18/2/15

TEMPO DE ENTROIDO; "O Mundo Patas Arriba"

Venres de Entroido, ou Carnaval, en Salceda. Chove. Decisión: saímos e desfilamos igual aínda que chova. Debecemos por sentir a calor nestes tres días que preceden á Coresma, pero se resiste o "maldito tempo" sen darnos tregua; porén lanzámonos baixo as nubes e sobre o asfalto mollado que multiplica as cores co seu reflexo e redobra a ledicia, ao que engadimos paraugas de mil cores e globos de cor violeta reivindicando melloras no servizo pediátrico do municipio. 

O mundo "patas arriba", a ilusión de trastocar a realidade, transgedir, darlle a volta ás identidades, compartilo todo nunhas horas, poñer en ridículo a quen detenta o poder, facer coplas cos erros dos mandatarios, das autoridades competentes, e das miserias de uns e outros, ou de todxs nós...



Deixar atrás o inverno e anticipar a entrada da primavera que uliscamos no ambiente entre as mimosas floridas... Carnaval de carne, de praceres, de alimentos renovados nas vendimas e colleitas e matanzas, onde conviven sen maior conflito o entroido rural máis ancestral coas novas formas foráneas, importadas de Tenerife, de Brasil ou nin se sabe...; onde nenxs e vellxs, homes e mulleres, danzamos ao son dos variados instrumentos e músicas do mundo, de aquí e de acolá, soberbia mestizaxe, mascaradas, mascaritas, monicreques, choqueiros, monigotes, damas e cabaleiros, mecos e sardiñas enterradas ...no mar.

Aquí estamos resistindo... Pan e saúde!!!

2 comentarios:

1ºB PRINT dijo...

O grupo de 1ºB pasouno moi ben no entroido, agradece esta entrada e comparte o divertida e interesante que é.

Brais,Ainhoa,Laura,Natalia,Uxía e Gloria de 1ºA dijo...

ola
gustounos moito o entroido o único que nos molestou foi a chuvia pero aínda asi foi unha esperiencia moi divertida