24/10/11

Día da Biblioteca

Desde o ano 1997 e partindo dunha iniciativa da Asociación Española de Amigos del Libro Infantil y Juvenil, o 24 de outubro celébrase o Día da Biblioteca. Tamén desde ese mesmo ano, a IASL ou Asociación Internacional de Biblioteconomía Escolar nomea o mes de outubro como o Mes Internacional das Bibliotecas Escolares. Este ano o lema é: "Desafío de atender á diversidade: Bibliotecas Escolares para todos".

Na nosa comunidade autónoma, o lema elixido para celebrar esta data é "Biblioteca escolar, última xeración" e o cartaz deste ano foi elaborado por Emma Ríos.


Pola súa banda, o Ministerio de Cultura edita un cartaz con ilustración de Elena Odriozola e texto de Ptaxi Zubizarreta.

Deíxovos con este fermoso texto desexándovos a tod@s que prendades os vosos mistos e que teñades un feliz Día da Biblioteca!

3 comentarios:

Alba C. dijo...

Feliz día de la biblioteca! ;)
Como lo habéis celebrado por ahí? Nosotros hemos tenido la oportunidad de conocer a Neira Vilas. Es un hombre magnifico , muy simpático y con una vitalidad en el cuerpo impresionante :O. Hemos estado charlando sobre sus obras y ha estado genial!
Un beso para todos!
PD: la proxima vez que yago y yo volvamos a visitar el colegio queremos veros a todos porfavor; el otro dia nos faltaba demasiada gente :(.

ana dijo...

Pois que sorte coñecer a Neira Vilas!! Eu non teño o pracer, xa me gustaría, xa. O que si temos é un exemplar adicado de Memorias dun neno labrego.
Na próxima reunión do club, se vides tentarei estar, esta vez non podía. Bicos grandes.

Susana dijo...

Eu estou con Alba: un home magnífico, moi simpático e vital. A min o que máis me impresionou del foi a súa conciencia de ser galego. Séntese galego e deféndeo a ultranza, respectuoso e convencido. Pasou tanto ao longo da súa vida, estivo en tantos lugares e... ao final, na súa aldea de Gres é onde respira a gusto. Un exemplo para todos e todas. Moitos bicos, botámosvos de menos!!