Preme aquí para ler o primeiro capítulo |
Que vos parecería atravesar unha porta e atopar como regalo o nacemento do universo cun big bang de estrea para vós ou ter entradas para un partido entre a materia e a antimateria e non digamos podervos teleportar, seren perseguidos por buratos negros,bailar na pista dunha discoteca rexida polo principio de incertidume ou viaxar case á velocidade da luz nun acelerador de partículas?
Todo isto e máis sucédelle á Nico, o protagonista deste alucinante libro que descubrín por casualidade hai tan só unhas semanas. O primeiro que sentín ao escoitar falar do libro foi sorpresa, o segundo curiosidade e o terceiro, vouno confesar, certo escepticismo. Sería quen, a autora, Sonia Fernández-Vidal (cun curriculum impresionante e que ten traballado nos principais centros de investigación de partículas, incluído o acelerador de partículas do CERN) de enganchar cunha historia para adolescentes a base de Física Cuántica? Agora que o rematei penso que consegue algo máis importante, despertar a curiosidade, as ganas de saber máis dese mundo que, aínda que a outra escala, é tamén o noso: o mundo cuántico.
Para saber máis podedes consultar a páxina web, escoitar unha entrevista que concedeu a autora para RTVE. ou ver este video sobre os aceleradores de partículas.
3 comentarios:
Terei que lelo porque me fío moito do teu criterio... Física cuántica? Eu tamén son escéptica!
Este é o libro do que nos falache en clase, non ?
Creo que si, aínda que como falo de tantos... :))
Publicar un comentario