10/2/12

Begoña Caamaño pon o anel de Palova

 Onte o club de lectura de profes "O anel de Palova" vestiuse de gala coa visita de Begoña Caamaño, autora de "Circe ou o pracer do azul". A escolla do libro xurdiu por unha das recomendacións do Marzo en feminino do curso pasado.

O pracer foi, realmente, dos asistentes, que gozamos coa simpatía e proximidade de Begoña. Escoitáronse moitas e diferentes versións da obra. Xurdiron reflexións sobre os afectos, as relacións, os mitos, a súa actualidade... Aprendemos que un libro mellora cando o compartes. Moitas grazas, Begoña, foi un pracer de todas as cores!

6 comentarios:

Elisa dijo...

Paseino moi ben e descubrín novos puntos de vista sobre a lectura.
Grazas a Begoña e ás miñas compañeiras-os por unhas horas tan agradables.

Irma dijo...

Para min tamén foi un pracer escoitar a Begoña, quen me fixo soñar cun Mundo máis xusto e rico en emocións e sentimentos!
Grazas!

ana dijo...

Eu tamén disfrutei moitísimo desta especialísima sesión do club. Por unha banda, a comida, o sitio, a luz e a compaña; por outra, a marabillosa experiencia de contrastar opinións e reflexións da lectura de "Circe", dos afectos, das relacións e do mundo no que a moitas/os nos gustaría vivir.

Moitísimas grazas a Begoña por compartir con nós esa súa "primeira filla", agardo con ansiedade a segunda :).

Fernando dijo...

Xuntanza de altura. Intercambio literario enriquecedor. Todo un privilexio contar coa autora.

Mar dijo...

Grazas Begoña por compartir con nós o teu tempo e as túas vivencias coa obra.Disfrutei moito lendo o libro,especialmente da maneira coa que describes os sentimentos.Foi un pracer tamén escoitar as opinións dos compañeiros/as e ademáis tiña moitas ganas de coñecer o sitio.

Susana dijo...

De Susana, humilde lectora, fiel siareira da beberaxe das súas letras, a Begoña, nobre autora que me enmeigou coa maxia das súas palabras.
Miña señora, adorada escritora que me levou da súa man ao mundo da Amizade, non podo menos que agradecervos dende o fondo do meu corazón a simpar visita coa que nos agasallastes no mes das festas lupercais.
Como agradecervos a vosa proximidade, a vosa mensaxe enchida de forza e esperanza? Dubido eu ser merecente de tanta xenerosidade e agarimo.
Venerada autora, amiga amada, agardo para a vosa vindeira obra un futuro cheo de plenitude e que nos poidamos atopar navegando noutros mares.
Insisto en bicarvos nos ollos, pois non podo deixar de sentirvos como a unha irmá.
Parafraseado de "Circe ou o pracer do azul". Moitas grazas, Begoña ;)