O día 27 de febreiro pasado facíanse cinco anos da primeira sesión do noso "Tamén len". Por suposto, non podiamos deixar pasar esta data sen celebralo por todo o alto. Un lustro xa...
|
Paula presentado a Jose Luís |
Moitas foron as persoas que ao longo de todos estes anos se prestaron a vir ata a nosa Calixtina para compartir a súa afección polos libros, para engaiolarnos coa súa voz e a súa presenza neses breves momentos de lectura compartida durante o recreo.
De todas elas, cinco (en representación ao número de anos) asistiron ao noso acto especial do 5º aniversario: Rosa Velasco (profesora do CPI Altamira), Darío Hermida (enxeñeiro e ex-alumno do noso centro), Loli Castiñeira (concelleira de Turismo de Salceda de Caselas), Roberto Cameselle (Policía local de Salceda) e Suso Cancela (ATS no centro de saúde da vila). Como non podía ser doutro xeito, o condutor do acto foi o noso excompañeiro José Luís, "inventor" desta marabillosa actividade de fomento da lectura.
|
Un intre da lectura de Rosa Velasco |
|
Entre lectura e lectura, soou a música do noso alumnado |
|
Todos os lectores/as da conmemoración |
|
Un momento da sentida interpretación de Hugo |
O pistoletazo de saída deuno Paula, coordinadora da BE, coa súa emotiva presentación de José Luís que, á súa vez, fixo as presentacións dos nosos convidados ao que seguiu a rolda de lecturas.
Os fragmentos escolmados foron moi diversos: a amizade e tenrura do fragmento de "O Principiño" escolmado por Rosa, os risos provocados polo monólogo humorístico de Carlos Blanco que nos leu Darío, o sobresalto da violencia relatada por Loli no fragmento de "Mexillóns para cear", a tenrura e o mundo escolar no relato "A lingua das bolboretas" que leu para nós Roberto ou a actualidade e a reivindicación política dos poemas de Bertolt Brecht que recitou Suso. Entre medias as actuacións musicais executadas polo noso alumnado. Agora só resta desexar que faga moitos máis!
|
Foto de familia dos asistentes e organizadores/as |
3 comentarios:
Encantoume esta sesión do Tamén len! Moitas grazas a todos/as os que o fixestes posible.
Todos os libros gustáronme pero máis a historia de Darío Hermida.
Xosé Luís e Rosa encantáronme! Hai que facer máis sesión destas.
Noraboa a tódolos participantes e organizadores!
Noraboa polos cinco anos!
Polo que parece o acto debeu estar xenial ;)
Saúdos!
Publicar un comentario