22/11/12

Semana contra a violencia de xénero: O que se esconde baixo o niqab.


  
  Recomendamos a novela gráfica de Pedro Riera e Nacho Casanova, titulada "El coche de Intisar. Retrato de una mujer moderna en Yemen" (Glenat, 2011), porque mostra a realidade dun país islámico onde os homes teñen o poder sobre as mulleres, onde a "violencia estrutural" está presente amparada polos costumes e polas tradicións establecidas, onde as mulleres necesitan do consentimento dun home da familia (pai, irmá, marido, tío...), o wali  ou guardián, para facer calquera cousa, supeditadas a eles, impedindo que fagan uso da súa liberdade e capacidade de decisión.



 Porén, este libro tamén nos mostra que a pesar das diferenzas, temos cousas en común que nos unen, e acabamos disfrutando con este personaxe que non se rinde e se empeña en conquistar a súa propia liberdade. Intisar é unha muller de ficción, construída polos autores a partires das historias de mulleres reais, que coñeceron cando viviron en Yemen un tempo e quedaron sorprendidos por unha sociedade onde impera a segregación ou separación de homes e mulleres. Esta imposición é, con claridade, un tipo de violencia de xénero.




1 comentario:

Susana dijo...

Anímovos a ler este cómic. É sinxelo e acabas logo. Mais o pouso que deixa é amargo... Ves como unha muller preparada, con traballo, intelixente...ten que acabar por aceptar a súa situación por vivir onde vive... Bueno, polo menos lle queda gañarlles aos homes no coche ;)