O pasado curso o equipo da B.E. decidiu dar prioridade á formación de usuarios. Durante o primeiro trimestre impartimos a formación de usuarios tradicional como xa vos comentaramos noutra entrada o que nos fixo máis conscientes, se cabe, da necesidade de complementala cunha formación dixital.
Xunto con outras seis compañeiras/o formamos un grupo de traballo que deu como resultado a unidade didáctica titulada "Caderno de Bitácora" que foi seleccionada para ser publicada na revista do CEFORE antes de que esta sufrira tamén os temibles recortes e desaparecera...
O dobre sentido que palabras como rede ou navegar adquiriron coas novas tecnoloxías deudos xogo para empregar títulos mariñeiros e ilustrar a unidade con obras do pintor galego Urbano Lugrís.
Folga dicir que está ao dispor de calquera que a precise e que podedes acceder desde a páxina web do noso instituto ou premendo no seguinte enlace.
Na parte final, como resumo do que debe ser un bo uso da rede, o noso compañeiro Raúl creou a letra dun magnífico Rap da navegación que foi interpretado por algúns dos nosos/as alumnos/as.
Nós estamos a puntiño de zarpar, queredes compartir a experiencia desta nova viaxe connosco?
4 comentarios:
Esperamos que lle tiredes moito proveito a esta unidade didáctica... Fixémola con moito esforzo e ilusión para vós... A ver que pasa ;)
Ola.
Seguro que os alumnos de Salceda saberán apreciar o inmenso traballo que hai detrás desta estupenda unidade didáctica.
Saúdos.
Bea Eiroa
Alégrome do teu saúdo e ánimo para este traballo, que este curso tentamos poñer en práctica. Esta entrada no blog serve para difundilo, xa que hai compañeiros/as que están demandando este tipo de materiais.
Que te vaia ben alí onde esteas.
Paula
Grazas Bea pola túa visita e os teus ánimos!
Publicar un comentario