Co gallo do Día
Internacional da muller quixemos poñer de relevo valores tradicionalmente
asociados a roles femininos (o coidado dos demais, a sensibilidade, a tenrura,
o amor...) tan necesarios para construír unha sociedade madura e solidaria,
aberta aos cambios.
Tamén por iso, por
situarnos na vangarda nun mundo en igualdade, onde a muller tamén destaca en
moitos ámbitos do saber e pensamento, ten especial mención neste día a
tecnoloxía.
Por este motivo convidamos a Fátima García Doval (@mininacheshire)
o pasado venres 8 de Marzo ao noso @mdemuller, actividade que vén organizando o Departamento de Orientación en colaboración co Equipo de Biblioteca desde hai sete anos.
Fátima é directora do Centro de Educación
Especial Manuel López Navalón (Santiago de Compostela) dende o ano 2005 e investigadora
en tecnoloxías e accesibilidade exercendo como codirectora no proxecto ACCEGAL
adicado ao deseño de solucións de accesibilidade e comunicación, baseados
principalmente en dispositivos móbiles.
Fátima é unha muller pioneira e entusiasta que nos fixo reflexionar sobre o concepto de dis-capacidade baixo unha perspectiva
nova e optimista ao tempo que nos facía ver como o que damos por sentado condiciona o que sentimos, o que dicimos e o que esperamos, e de como a tecnoloxía vainos obrigar a cambiar os nosos esquemas mentais.
Falounos de como a superación de límites é o
que nos fai crecer como persoas independentemente da nosa condición física. En palabras de Fátima, “falamos de capacidades diferentes porque todos somos capaces de facer cousas marabillosas”.
Grazas Fátima pola túa sensibilidade e
xenerosidade.
Irma Álvarez
2 comentarios:
Sentín non poder estar ese día, pero polo comentado foi unha charla interesante, cun punto de vista non moi usual e ben positivo.
Para foi un pracer escoitar a Fátima e tamén observar a cara de emoción de moitos alumn@s ao rematar a charla!!
Grazas
Publicar un comentario