3/12/13

ROSA DOS VENTOS: PARA NON PERDER O NORTE

Como este curso estamos a traballar baixo o lema das Viaxes -sexan reais ou imaxinadas- pensamos que non nos viría nada mal ter unha referencia que nos axudara a buscar o Norte.

Nada máis oportuno que unha magnífica Rosa dos Ventos, tanto se necesitamos saber que camiño tomar para chegar a algures, como se é para reforzar os nosos estudos. 


Nestes casos, sempre contamos coa inestimable axuda do compañeiro de Plástica, Nacho, que se pon mans á obra sen demora, nun pispás faise coa idea e a plasma así de ben, materializando os nosos desexos. Para que non andemos desnortados.


4 comentarios:

ana dijo...

Estupenda idea e fermosísimo o resultado da colaboración de Nacho, coma sempre. Noraboa.

Nacho dijo...

Grazas Ana e Paula por esta entrada ben fermosa. Ainda que para ser xustos, debo recoñecer que a axuda das rapazas de 4º foi fundamental para sacar adiante (e nun tempo record) esta Rosa dos Ventos.
Unha aperta a todos os lectores do voso blog.

biblosvivos dijo...

Grazas Nacho polas túas colaboracións desinteresadas, sempre a punto e con tanta arte.
Paula.

Yaisha Estévez dijo...

Como siempre, el IES Pedrasrrubias destaca por su originalidad. Vaya idea más buena y bonita.
Un saludito de una ex-alumna que os echa mucho de menos.