Celebrar
o DÍA DA PAZ coa figura de MANDELA é doado, oportuno e, no seu caso, tanto o
personaxe como a persoa o merecen. Foi un lider necesario para resolver a
problemática do seu país: unha Sudáfrica asolada polas inxustizas xeradas polas
diferenzas de pobos e culturas sometidas ao poder dos brancos (colonizadores
ingleses) que estableceron durante anos un réxime de APARTHEID, de limitacións
xurídicas, políticas, sociais, económicas... sobre a poboación “negra” natural
de Sudáfrica.
Interesounos destacar e traballar co alumnado
unha idea propia da comunidade onde naceu Mandela, o pobo xhosa, idea que guía
as súas vidas e accións: UBUNTU e
significa: “eu son se todos somos”, está na base da defensa da igualdade de
oportunidades, recursos e dereitos.
ACTIVIDADES:
Traballamos en colaboración Orientación, o Departamento de CC.SS. e a Bilbioteca, e fixemos tres actividades paralelas:
- Visionado do documental “O xogador nº 16” por todos os cursos. Ficha de traballo.
- Exposición: imaxes e textos explicativos
das accións maís importantes de Mandela.
- Lectura de textos da autobiografía de
Mandela: acto de asistencia voluntaria no recreo na Biblioteca Calixtina o luns
día 3 de febreiro. Postos en círculo e sentados no chan asistimos á lectura
compartida que resultou moi interesante na opinión dos asistentes. De fondo,
música africana comprometida e imaxes significativas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario