“LABORATORIO DO BO AMOR”
Para conmemorar
o Día dos
Namorados, convocamos un concurso de escrita dende a Biblioteca
Calixtina, en colaboración cos Dpts. de CCNN e Lingua Galega, coa idea de animarvos
a expresar o que pensades en positivo sobre as relacións amorosas, que
ingredientes ou “fórmulas” son as indicadas para que o “experimento” teña un final
feliz. Ademais, podedes expresarvos en calquera lingua que dominedes.
Sabendo que
estamos condicionados moitas veces por unha maneira errrada de entender as relacións
interpersonais e sentimentais, cremos que é importante facer una reflexión
sobre os “asuntos do corazón”; por iso queremos aproveitar a
ocasión para idear e construír un mural onde plasmar un particular “LABORATORIO DO AMOR”, e onde a “Química do AMOR”
quede enchida dos efluvios desprendidos dos experimentos que cada un de nós é
quen de formular cos “ingredientes esenciais”. Creando as mellores “FÓRMULAS DE BO
AMOR”.
Formular é receitar,
prescribir, manifestar, expor con claridade e precisión. Unha fórmula é
un medio práctico para resolver un asunto complicado, é una receita na que se
indican os elementos que se deben empregar na curación de algo ou alguén, é una
expresión matemática que resume os cálculos necesarios para a resolución dun
problema e que serve como regra de uso para eses casos, é a representación
simbólica, mediante letras e números, da composición dunha substancia química.
É, ante todo, pensar a mellor das vidas para cadaquén, e para todxs, porque
tamén podemos pensar o que hai, no amor, de colectivo…
Unha vez
aclarado o que debemos facer, poñámonos a inventar e formular as mellores
receitas para acadar o BO AMOR, non esquezamos que a experiencia vale
un grao (como adoita dicirse), e teñamos en conta o que sabemos que funciona e
o que non, por iso é moi importante elixir ben os elementos que provocan
reaccións positivas e deixar fóra os que orixinan reaccións negativas, explosiónsssssssss
destrutivas!!!!
Lembrade os
conceptos que relacionamos co BO TRATO e que están expresados no seu mural: respecto,
igualdade, dignidade,
liberdade, amizade, equilibrio, benquerencia, amabilidade, compañeirismo, agarimo,
compromiso, empatía, lealdade, coidado, asertividade, solidariedade, feminismo,
comprensión, bo amor…, e deixemos fóra os negativos, que todxs
sabemos cales son…, non si?
Paralelamente,
ofreceremos neste blog, certos recursos relacionados, que poden
servir para acadar unha boa educación sentimental: textos, videos, cancións,
poemas… Ademais de poder adicar tamén
cancións ou música na RADIO ESCOLAR, seguindo a liña do Bo Amor.
-------------------- *
--------------------
BASES DO CONCURSO “FÓRMULAS DE BO AMOR”
Podedes participar no CONCURSO “FÓRMULAS: A QUÍMICA DO BO AMOR”,
ao longo deste trimestre de primavera que asoma, para pensar nas mellores
receitas ou fórmulas para acadar fantásticas, magníficas, marabillosas, en
definitiva, boas relacións sentimentais.
Para iso non tedes
máis que formulalas así, por exemplo:
A =
I + R
-Especificando que: A é amor, I é
igualdade, R é respecto; usando as variantes e elementos que consideredes
esenciais na fórmula que queredes proponer e compartir.
-E usando calquera letra, número,
símbolo, signo.
-Dándolle un ton poético ou científico,
fantástico ou realista …
-En calquera lingua que dominedes.
-Serán escritas sobre corazóns de cores
seguindo este modelo:
(recortades un corazón no material e cor que queirades (como moi grande folio A4, ou menos)onde escribiredes a vosa fómula, ese corazón terá outra parte en forma de ronsel ou etiqueta a un lado, onde explicades a clave para entender dita fórmula)
-Que presentaredes sen nome, cun pseudónimo escrito por detrás, cos datos en
sobre pechado e por fóra só ese pseudónimo ou sobrenome. Entregaranse nos recreos na Biblioteca, ata
o 12 de marzo.
-Unha vez formuladas colocarémolas no “LABORATORIO DO AMOR”, para ser “estudadas e experimentadas e
ver a súa efectividade”.
-Será premiada a fórmula mellor
valorada polo xurado, que estará composto por expertxs na “Ciencia do Bo
Amor”.
-O PREMIO consistirá nunha CEA ROMÁNTICA PARA DOUS…
ANIMÁDEVOS E NAMORÁDEVOS BEN!!!!
2 comentarios:
Hola! son o ex-alumno David Gómez. Agora mesmo estou a acabar segundo de Bacharelato e comunicaba convosco para dar a coñecer o web-comic que estou a facer. Está basado na cidade de Vigo.
http://lasinfoniadeldespertar.blogspot.com.es/
Saudos
Encantadas de saber de ti, David, e grazas por compartir connosco as túas "obras". Sorte.
Paula
Publicar un comentario