8/3/15

TAMÉN LEN CO ANTIGO ALUMNO PABLO CABALEIRO

O pasado xoves día 5, varias alumnas e alumnos de 4ºESO presentaron ao noso convidado, Pablo Cabaleiro, e así foi como soubemos que é salcedense, estudou connosco, fixo bacharelato de Humanidades e despois un Ciclo superior de "Dirección en Servizos de Restauración".  Dende novo, aprendeu o oficio no Bar Restaurante dos seus pais, no centro da vila, e no último ano independizouse e abriu o Café "Plaza" ao seu carón, co seu tío como socio.


Como Pablo estaba no seu día libre, comezamos poñendo a mesa e servíndolle como alimento o libro de Manolo Rivas, Que me queres amor?que el mesmo pediu entre o "menú", e de bebida 
-auga, claro!-
DEspois da clara e acertada lecturas de Pablo, os "camareiros e camareiras" dispuxéronse a servir viandas variadas e apetecibles para todxs nós, nesta hora do recreo.

Elixiu este libro, porque Manolo Rivas -e este libro en concreto- é o que máis recorda e o que máis lle marcou, e por ser un autor de referencia e relacionalo con anécdotas do seu tempo de estudante, ...que non quixo desvelar.
Foi interesante a súa conversa posterior, porque demostrou ter unha madurez e filosofía da vida que, en relación ao seu oficio, relaciona con saber dar o mellor trato, coa discreción como máxima para non ter conflitos cando se traballa de cara ao público. Pensa: "Ti escoitas, miras, pero nin entendes nin sabes", ou o que é o mesmo, "o cliente ten a razón". Explícanos que estudar axuda moito para aprender o oficio, porque así é como se sabe dar o mellor trato, ter don de xentes, ter cultura para poder manter conversas. El vese como alguén que valora os clientes e sabe que non se deben tocar certos temas, aínda que os habituais sexan o fútbol, a política e pouco maís, di.
Rematou cun agradecemento aos profes que lle axudaron e aconsellaron estudar e formarse.
E de sobremesa, agasallámolo co primeiro disco de "BATEMENTO", grupo de música que vén de editar a súa obra recentemente, composto por dous antigos alumnos a quen tamén lles damos a noraboa, Aitor e Christian.

No hay comentarios: