1/2/15

PRINT: "EN PÉ DE IGUALDADE". ACTIVIDADES REALIZADAS.

"EN PÉ DE IGUALDADE" é o lema que guía as actividades e labouras de aprendizaxe que este curso levamos facendo dende a Biblioteca Calixtina na hora do PRINT, nos 3 grupos de 1º ESO, coa Formación de Usuarios e a Educación Documental e Dixital.


Comezamos cun achegamento á nosa Biblioteca, á súa organización, a aprender a moverse por ela e a ter información de todas as actividades que nela podemos facer todxs participando abertamente. Sempre hai alumnado de 1º ESO que se brinda para colaborar voluntario nos recreos e quen tamén nutre as filas do Club de Lectura.

Sensibilizamos ante aspectos e circunstancias que consideramos de base para formar parte da nosa sociedade, coas súas complexidades, e para aprender a entender a realidade; pero sobre todo, o noso obxectivo é basear as actividades ou investigacións que fagamos na consecución da igualdade e o respecto entre homes e mulleres, entre grupos sociais, entre diversas culturas, na busca dunha convivencia positiva en liberdade.

No 1º Trimestre, cada grupo participou en 2 actividades:

1-Elaboración de ESLOGÁNS de creación propia que escribimos sobre pés de cores para poñer dende a entrada do instituto, todo seguido pola parede do corredor, ata a porta da Biblioteca, animando a usala e á lectura... Estas pegadas tan animosas acaban diante dun "MURO cun GRAFFITI para descubrir unha BIBLIOTECA que: le, ecoita, fala, comprende, coopera, abre, oferta recursos, colabora, escribe, visita, acolle, cuestiona, indaga, curiosea, debate, iguala, respecta...; sendo este un bo xeito de transmitirlles e analizar con eles os obxectivos e a identidade da nosa BE. Agradecemos a Nacho, profe de plástica a súa colaboración e creatividade para materializar os nosos desexos e visións.




2-Tamén traballamos en cada grupo, na creación dun lema ou motivo no que basearnos en contra dos malostratos e da violencia, e comezamos a idear unha posta en escena -coas cores significativas violeta e laranxa, trastocando roles, defendendo a igualdade e o respecto para acadar a liberdade persoal- para facer unha foto de grupo sensibilizándonos e defendendo o BO TRATO, pensando en positivo, para participar despois no mural onde serán expostas todas as fotos, as de cada grupo do Centro. Están feitas xa e procederemos a amplialas para poder expoñelas neste mes.







5 comentarios:

Membro do grupo "Las nietas de Goldie" dijo...

Bo día. Formo parte dun colectivo feminista en prol da igualdade entre home e muller. Na miña opinión, se queremos igualdade entre ambos sexo, non podemos facer diferenzación algunha entre home e muller. Persoalmente, síntome un pouco ofendido, quizáis, polo lema "As mulleres teñen problemas", pois é totalmente certo, pero non podemos ser extremistas. Hai homes que tamén teñes problemas. Onde quedan os miles de homes que son maltratados pola súa parella? Que facemos cos transexuais? Penso que deberíamos reflexionar un pouco e mellorar este tipo de campañas facéndoas máis igualitarias, que abarquen tódolos colectivos posibles. Por suposto, é tan só unha opinión.

biblosvivos dijo...

Bo día! e grazas polo teu comentario dentro deste blog dunha comunidade escolar. Entendo as túas apreciacións, pero o tema da igualdade é complexo e controvertido, por iso se nos poñemos no lugar dunha ensinante ou dunha biblioteca escolar que quere sensibilizar sobre as problemáticas serias que están na base das nosas vidas e sociedades, non podemos abordalo con eses matices, cando o que estamos a facer é tentar sensibilizar e poñer en evidencia pouco a pouco en cada nivel educativo -e estes traballos foron feitos por 1º ESO tratando de respectar as súas aportacións, pero guiados no esencial- a necesidade de defender a situación das mulleres sometidas a situacións violentas do tipo que sexa. Xa sabemos que hai moitos maís problemas, pero estes son urxentes e hai que destacalos porque son un síntoma de que "algo" non funciona.

Brais,Uxía,Gloria,Natalia e Ainhoa de 1ºA dijo...

Ola
Gustounos moito que o colexio publique no seu blog as nosas actividades participativas

laura de 1ºA dijo...

Ola
A min gustoume participar no tema da igualdade.
Un saúdo.

biblosvivos dijo...

Dende a Biblioteca moitas grazas a todas e todos polos vosos comentarios tan positivos e polo voso entusiasmo para crear e aprender.