Colabora en prensa (Galicia Confidencial) e revistas online, como Iwrite magazine, Hypérbole magazine; escribindo artigos sobre cultura, historia, futbol...; ademais de ter publicado tamén algún relato de ficción. Deste xeito, para compartir connosco elixiu un relato da súa autoría, que fixera por encargo, titulado "Volver a empezar" onde conta unha historia no contexto dunha sociedade de futuro indesexable, distópica. Podemos dicir que é una persoa inquieta, crítica e comprometida e que sabe mover o público e cuestionalo sobre a lectura que escoitamos, falando sobre as sociedades hipercontroladas, compartindo deste xeito un recreo moi interesante. (Deixamos enlaces ás revistas e ao relato clikando enriba deles).
A presentación do acto -como non- correu a cargo de varias Siareiras da Palabra do noso Club de Lectura: Alba e Lucía, e das notas do 2º movemento de "O inverno" de Vivaldi, interpretadas tamén por membros do noso Club: Bieito, Pablo, Carmen e Camila, trombón, trompa e flautas. Houbo un amable e nutrido público atento ao acto, a quen agradecemos sempre a súa presenza incondicional.
No hay comentarios:
Publicar un comentario