O 25 de febrero pasado
tivemos como invitado especial ao novo inspector do noso instituto, Antonio
Estévez. A sala da Biblioteca foi embelecida polos creativos e fermosos centros
de mesa aos que nos ten acostumados Begoña, a nosa conserxe e colaboradora
especial en tantas tarefas de base. Fixo os honores da presentación Chefa, a
nosa directora, quen falou da orixe salcedense do invitado e das súas
vicisitudes persoais e profesionais:
PRESENTACIÓN de Antonio Estévez “Inspector”:
Que Parderrubias é o centro do mundo, a estas alturas, non o dubida case ninguén. Realidade é que Parderrubias ocupa o lugar central dentro da vida académica do noso concello. O futuro deste pobo está a incubarse entre estas pedras, ou máis ben entre estes libros, que agora nos acollen. O destino está nas vosas mans, e nos vosos ollos. Nas lecturas que asimiledes nestes próximos anos.
Parderrubias. No diario El País, no seu suplemento “El
Viajero”, do 3 de abril de 2010, Parderrubias figura entre os topónimos máis curiosos de España, pobos con chispa,
din eles... “La hija de dios”, “Poyales del Hoyo”, “Guarromán”, “Coscojuela de
Fantova”, “Peleas de arriba”... sen dúbida, Parderrubias, é o máis fermoso
entre todos eles.
Grandes
pedras, grandes penas houbo dende sempre nos outeiros de Parderrubias, e dende
sempre a brillar cos raios de sol que iluminaban estas fermosas paraxes... e os
tempos non mudan en Parderrubias. Agora non son as pedras as que brillan, agora
son os seus homes e mulleres quen destacan nas facetas as que se adican...
porque ser de Parderrubias, e por riba, levar o apelido Estévez (fillo de
Estevo) é sinónimo de éxito.
Cos
datos referidos con anterioridade todos estamos a pensar en Ramón Antonio
Gerardo Estévez Phelan, máis coñecido como Martin Sheen, actor norteamericano e
fillo do veciño de Parderrubias, Francisco Estévez. A quen seguiremos esperando
cos libros abertos, por se algún día temos a sorte de que nos acompañe nunha
sesión deste “Tamén len”.
Pero
hai outro importante veciño de Parderrubias, nacido a carón deste instituto.
Outro Antonio Estévez que non protagonizou historias na gran pantalla pero sí
diferentes capítulos do mundo do ensino. Foi, como case todos vós, alumno do Altamira, cursou o bacharelato en
Tui e posteriormente diplomouse en Enxeñería Técnica Industrial. Foi profesor
de Formación Profesional pola rama de electricidade, xefe de estudos e director
do Instituto Politécnico de Vigo e actualmente é Inspector do Servizo de
Inspección da mesma cidade. E é así, como inspector da zona, como volve á súa
Parderrubias natal para axudarnos, e acompañarnos nesta ardúa tarefa como é a
formación dos seus veciños.
E
como é ben seguro que moitos de vós non tendes moi claro o que é un Inspector
pedímoslle axuda a algúns compañeiros para ver se vos poden clarificar esta
cuestión.
Chefa.
Directora do IES Pedras Rubias.
Fernando, xefe de estudos e profe de castelá, tivo a iniciativa de facer un pequeno video onde se entrevistaba a varios alumnos e alumnas preguntándolles que idea teñen do que é un inspector, a que se adica, etc. As respostas en verdade que foron ocurrentes e rimos un bo rato coa súa intervención.
Seguidamente, Mar e Jose, de 4º ESO, interpretaron unha peza de Brahms cos seus destros clarinetes.
Tamén pensamos que
era unha boa ocasión escoitar os versos que Ettohami, un novo alumno marroquí
que está traballando e progresando moito no noso idioma, quixo ler en árabe
para sorpresa de todos e satisfacción propia.
2014-2. Tamén Len. Ettohami from biblosvivos on Vimeo.
Con estos “teloneiros
de altura” o inspector estivo encantado de estar entre nós e agradeceu esta magnífica
acollida.
Comezou falando de
dous libros que lle influíron especialmente cando era adolescente: “O escarabello de ouro” de Poe e “Juan Salvador Gaviota” de Richard Bach.
Decantouse por este último para compartir con nós e recomendouno porque ten
unha lectura fácil, cun fondo e unas ideas moi positivas sobre as que
reflexionar para andar pola vida.
Richard Bach era un
piloto das forzas aéreas de EE.UU. que escribiu sobre a idea de voar e as
ansias de liberdade. Éste é un libro para todas as idades, que se convertiu nun
best-seller nos anos 70. Trata dunha gaivota que se sinte un pouco frustrada
por facer o propio dunha gaivota, ela
quería algo máis, porque a súa máxima aspiración era voar e perfeccionar o vo.
Será rexeitada polas outras gaivotas que non a comprenden, pero ao final será
admirada e provocará que as demais se esforcen coma ela. A moralexa é que con esforzó
se consigue todo o que nos propoñemos. A verdade é que podemos dicir con gracia
que é un tema moi acaído para un inspector.
Aínda quedaba o turno
de preguntas no coloquio final, pero o inexorable timbre decidiu que era hora
de clase e quedamos emprazados para outra ocasión. Agradecemos todos a presenza
de Antonio e a súa amabilidade por aceptar esta invitación a ler e compartir as
inquedanzas do mundo das bibliotecas escolares.
3 comentarios:
Gustoume o video porque tiña un pouco de humor, coñecin a un inspector e divertinme cos meus compañeiros.Con este comentario estou mostrando como se fai un comentario a algúns compañeiros que nunca o fixeron.Kevin 1ºB ata logo a todos e a todas
Me encanta Ettohami, es hermosoooooooooooo!
Encantaronme os videos estan fenomenal
Publicar un comentario