Como todos os anos o departamento de Lingua Galega convoca o "Certame Literario Pedras Rubias" como un dos actos de celebración das Letras Galegas. Para os/as que queirades participar, aquí podedes consultar as súas bases.
17/5/12
Bases do Certame Literario "Pedras Rubias 2012"
15/5/12
"Verbas no ar" de Iria Morgade Valcárcel para celebrar o 15-M
Hai xa un
ano que aconteceu o movemento de descontento e indignación que levou a moitas
persoas a saír ás prazas nas diferentes cidades, para ocupalas día e noite
durante longo tempo coa intención de manifestar, discutir e votar a través de
“asembleas horizontais e populares onde poidemos participar todos”, unha serie
de principios que levarían á petición de cambios urxentes. Foi un
acontecemento, sobre todo, de persoas xóvenes, inquedas, cansas de presenciar
unha realidade socieconómica que nos leva a un futuro ateigado de complexidade
e dificultades para poder artellar unha vida corrente cun mínimo de calidade,
entendendo por tal: a defensa duns servizos sociais públicos para todos, dun
medio ambiente preservado e respectado, dunha reforma laboral que recupere e
respecte os dereitos dos traballadores, dunha educación pública de calidade,
dun cambio do sistema electoral …; é dicir, unha crítica do sistema capitalista
mundializado actual que padece unha profunda crise, ante o que hai dúas
posturas: os que defenden unha reforma dentro do sistema, e os que ven como
única saída o final do capitalismo.
Así as
cousas, un ano despois, podemos comprobar que a realidade ten varias lecturas:
os que pensan que foi unha explosión que se esgotou e volveron á pecharse nas
súas casas e na súa individualidade; e os que teiman e seguen activos
traballando nunha cooperación de veciñanza nos barrios das cidades e insistindo na necesidade de reclamar cambios
reais. En España xurdíu este movemento denominado “15M”, que tivo repercusións
noutros países, e que non podemos valorar como un feito illado, pois antes
aconteceran os movementos de Islandia ou Grecia, en Europa; do norte de África
e Próximo Oriente, denominados “Primavera árabe”, que provocaron un seguimento
en masa que levou a cambios políticos, enfrontamentos armados, represións,
numerosas mortes…en Tunicia, Exipto, Libia, Siria … cada un con circunstancias
concretas, pero cun transfondo común de falta de liberdade, abusos de poder,
tremendas desigualdades, explotación, futuro pechado para os xóvenes, etc
Neste
contexto de crise, de cambio, que continúa sen atopar as solucións axeitadas,
destacamos a publicación da primeira novela dunha nova escritora galega, Iria
Morgade (o libro xa está na biblioteca!). Verbas no ar
expresa con frases curtas pero rotundas , con personaxes perdidos na marea
dunha hipotética revolta mundial, pero que van a se posicionar dubidando ou
reafirmándose nun lado ou noutro dos acontecementos que mostran a utopía que
hoxe queremos, tememos ou cremos imposible, que de todo hai; quere expresar
desacougo, esperanza, confianza nos diferentes movementos sociais: os sen
terra, os zapatistas, os indignados do 15M, os levantamentos da Primavera
árabe… nunha historia coral de varios personaxes que se entrecruzan e de
espazos protagonistas que os acollen nunha revolta mundial (prazas, rúas, unha
biblioteca…) …esa biblioteca do comezo e
do final, que procura liberar as palabras…
Pasen e
lean a entrevista coa autora desta realidade imaxinada, a quen agradecemos de
antemán as súas palabras…
Etiquetas:
autores literatura galega,
indignados,
narrativa
11/5/12
Tamén len... con María Núñez
Na sesión do Tamén len correspondente ao mes de abril contamos coa presenza da nosa ex-alumna María Núñez. María pertenceu á primeira promoción que rematou a ESO en Salceda (daquela aínda estabamos no CPI Altamira) e, polo tanto, foi alumna miña no meu primeiro ano por estas terras.
Excelente lectora e mellor persoa, María veu cargada de sorpresas e regalos. Adornamos a nosa Calixtina con probetas, tubos de ensaio e propaganda de medicamentos, pois agora contamos co seu consello profesional de experta farmacéutica :).
Deleitounos coa lectura dun fragmento de "O neno do pixama a raias", concretamente no que se narra o momento en que o pequeno Bruno recibe a nova de que van mudarse fóra de Berlín e para deixarnos coa intriga leunos tamén a frase final do libro. Pero iso non foi todo, non. Ao rematar regalou o libro entre os asistentes xunto con outros pequenos agasallos aos que superan contestar a cuestións sinxelas relacionadas con medicamentos de uso común.
Foi un recreo de reencontro marabilloso e ben doce (tamén nos obsequiou cunha bolsa chea de gominolas). Moitas grazas e volve pronto a visitarnos.
Etiquetas:
actividades,
fomento da lectura,
tamén len
9/5/12
Tras os pasos de Blanco Amor: Roteiro da Esmorga
O venres 4 os alumnos/as de 4º da ESO fomo a Ourense visitar a catedral e facer o roteiro da Esmorga, acompañáronnos Xavier, Paula e Elisa.
Comezamos na catedral, da que Xabier nos explicou algúns aspectos arquitectónicos. Xa dentro vimos o Pórtico do paraíso e a capela barroca do Cristo.
Cerca do xardín do Posío agardábanos Nati, actriz de Sarabela teatro e profe de galego, para guiarnos o roteiro. Acubillámonos baixo a Ponte da Burga, percorremos fontes, igrexas, rúas e ruelas mentres Nati nos explicaba diferentes aspectos da novela, e rematamos cunha foto de grupo na escultura de Blanco Amor.
A chuvia, igual ca ao Cibrán, ao Bocas e ao Milhomes, acompañounos durante todo o noso percorrido.
Etiquetas:
actividades,
alex mene,
autores literatura galega,
roteiros literarios,
saídas
7/5/12
Los juegos del hambre
SINOPSIS: Katniss Everdeen es una chica de 16 años que vive en Panem, concretamente en el Distrito 12. Cada año se celebra "El día de la cosecha" en el cual se lleva a cabo la elección de los tributos para los Juegos de Hambre. Estos juegos consisten en ...... donde 24 tributos, un chico y una chica de cada distrito, elegidos mediante un sorteo de papeletas, tienen que sobrevivir y, para ello, deben eliminar a los demás tributos. Sólo uno puede quedar con vida, los demás deben morir.
OPINIÓN PERSONAL: Para mí, este es un libro increíble. Todas las situaciones por las que tiene que pasar la protagonista y los obstáculos que debe afrontar, el "amor prohibido"por su compañero le proporcionan emoción y acción desde el principio.
Creo que sin duda este primer libro de la trilogía es único, se lo recomiendo a todos/as los/as lectores/as, ya que contiene aspectos que le gustarán a todos/s. Amor, esperanza, fuerza, valor, ... son algunos aspectos que mantienen al lector dentro de la historia, viviendo lo que Katniss vive. Deseo leer el segundo libro y disfrutar de la experiencia como lo he hecho con éste.
En cuanto a la relación entre el libro y la película, es asombroso el gran trabajo que han hecho. Han plasmado la historia tal y como la conocemos. Las interpretaciones de Jenifer Lawrence (Katniss Everdeen) y Josh Hucherston (Peeta Mellark) son excelentes, se desenvuelven perfectamente, tal y como debe ser. Esta película es la representación exacta de lo que el libro nos cuenta. Os la recomiendo.
Jessica Bonet 4ºA
23/4/12
Celebramos con arte o Día do libro
A arte nos libros
Desde a nosa BE quixemos aproveitar a conmemoración do Día do Libro deste ano para adicalo á arte, tema central do noso proxecto para este curso, e levar a cabo unha exposición de libros e películas deste tema repartidos en diferentes categorías: debuxo, arquitectura, fotografía, ilustración, cine, etc.
Achégate á Calixtina para disfrutala!
23/3/12
Tamén len... con Natalia
![]() |
| De esquerda á dereita: Karen, Natalia e Antonio |
Hoxe tivemos a sesión do "Tamén len" correspondente a este mes de marzo. Nela demos a benvida de novo a Natalia, profesora de Matemáticas que traballou con nós ata hai dous cursos e que formaba parte deste noso equipo de biblioteca.
A Calixtina recibiuna coma se merece, engalanada coas letras e números da CDU (que ela deseñara e recortara con agarimo) reunidas para enviarlle unha mensaxe de benvida en forma de ecuación.
A presentación correu a cargo de Antonio, outro dos nosos compañeiros do departamento de Matemáticas, quen recordou o paso de Natalia polo noso instituto.
Natalia, pola súa banda, ofreceunos coma sempre a súa alegría e o seu cariño e leunos o primeiro capítulo (cómo non!) do libro "El diablo de los números" de Hans Magnus Enzensberger.O libro cóntanos como Robert, un neno que odia as matemáticas, atopa en soños ao demo dos números e descubre da súa man un mundo apaixoante, no que as matemáticas deixarán de ser un ente incomprensible para converterse nun reto fascinante lonxe dos tópicos escolares.
Sen dúbida o momento estelar da sesión foi cando Natalia, ao finalizar a súa lectura, nos descubriu esta movida e orixinal Cumbia Matemática que arrincou máis dunha gargallada entre os/as asistentes.
Para pechar o acto, Karen de 3ºA, leulle a Natalia o poema de Wislawa Szymborska "O número pi".
Despois desta sesión xa ninguén poderá dicir aquilo de que "os de ciencias" non amamos os libros nin a lectura...
Etiquetas:
fomento da lectura,
matematicas,
tamén len
20/3/12
De novo chegou a primavera!
Hoxe deu comezo oficialmente a primavera e mañá, como cada 21 de marzo, será o Día Mundial da Poesía.
O noso club de lectura "Siareiros da palabra" reuniuse onte para levar a cabo un recital de poesía titulado "Conmemoración" na que se leron poemas escollidos dos autores que por diversas razóns quixemos homenaxear:
TOMAS TRANSTRÖMER,
Premio Nobel de Literatura 2011
WISLAWA SZYMBORSKA,
Premio Nobel de Literatura 1996. Que nos deixou a comezos deste ano 2012.
NICANOR PARRA.
Premio Cervantes de las Letras 2012.
VALENTÍN PAZ ANDRADE.
Letras Galegas 2012.
ÁLVARO CUNQUEIRO.
Centenario do seu nacemento no 2011.
LUIS SEOANE.
Centenario do seu nacemento no 2010.
CELSO EMILIO
FERREIRO. Centenario do seu nacemento no 2012.
ROSALÍA DE CASTRO.
175 do seu nacemento no 2012.
ANTONIO MACHADO. 100
anos da publicación de Campos de Castilla
1912.
FEDERICO GARCÍA LORCA. 75 anos da súa morte no 2011.
Hoxe queremos compartir con vós unha pequena escolma de poemas destes/as
autores/as que nos acercan coas súas verbas o recendo desta primavera
que vimos de inaugurar.
poemas conmemoración
Etiquetas:
celebracións,
Poesía,
primavera
14/3/12
Animando os muros da Biblioteca
O Departamento de Plástica do IES Pedras Rubias
acometeu a tarefa de animar as paredes da biblioteca do instituto cunha
serie de pinturas murais. Ademais de intentar facer máis atractivo este
espazo, as pinturas teñen unha función sinalizadora das distintas
zonas.
Outra sección na que interviñemos foi a Cinemateca, onde está a colección de películas en DVD da que dispón a biblioteca do centro. Nela pintamos unha claqueta como as que empregan os/as directores/as de cinema para indicar as súas escenas. Dentro dela rotulamos a palabra "Cinemateca", o nome do apartado. Para representar o mundo do cinema, buscamos unha imaxe que funcionara como unha icona, e pensamos na actriz británica Audrey Hepburn. Este retrato seu está inspirado no cartel da película "Almorzo con diamantes" (Breakfast at Tiffany's, a súa vez baseado nun libro de Truman Capote co mesmo título) que a consagrou como un mito de Hollywood e unha das intérpretes máis belas e elegantes da sétima Arte.
Nas seccións adicadas á Banda Deseñada, pintamos un rótulo coas palabras "Banda deseñada" dentro dun globo de texto (ou "balloom",
como lle chaman os anglosaxóns). Ámbolos dous lados del, representamos o
busto de dous personaxes da banda deseñada europea. O da banda esquerda
(que é o personaxe que fala) é o Corto Maltés, un aventureiro de comezos do S.XX creado polo debuxante italiano Hugo Pratt. O da dereita é o seu simpático antagonista Rasputín
(en parte baseado neste personaxe histórico). As súas peripecias
abundan en referencias literarias a autores clásicos do xénero de
aventuras como R.L. Stevenson, Joseph Conrad ou Jack London.
Noutra
parede fixemos unha homenaxe ao manga xaponés, sabendo o interese que
suscita este tipo de banda deseñada entre o noso alumnado. Escollemos a
obra "Bakuman" de Tsugumi Ohba e Takeshi Obata, e representamos ao seu protagonista, un mozo que soña con converterse nun "mangaka" (debuxante de manga). Aquí vémolo en pleno acto creativo, mollando a plumiña nun tinteiro e desposto a poñerse mans á obra.
Outra sección na que interviñemos foi a Cinemateca, onde está a colección de películas en DVD da que dispón a biblioteca do centro. Nela pintamos unha claqueta como as que empregan os/as directores/as de cinema para indicar as súas escenas. Dentro dela rotulamos a palabra "Cinemateca", o nome do apartado. Para representar o mundo do cinema, buscamos unha imaxe que funcionara como unha icona, e pensamos na actriz británica Audrey Hepburn. Este retrato seu está inspirado no cartel da película "Almorzo con diamantes" (Breakfast at Tiffany's, a súa vez baseado nun libro de Truman Capote co mesmo título) que a consagrou como un mito de Hollywood e unha das intérpretes máis belas e elegantes da sétima Arte.
Nacho Ruíz
Profesor de Plástica
Etiquetas:
banda deseñada,
cine,
cinemateca,
comiteca,
decoración
12/3/12
nAMORarte
Este curso escolar o proxecto da nosa Biblioteca Escolar está vencellado á Arte. Por iso aproveitamos o mes de febreiro e a data dos namorados, nada máis nin nada menos, que para convidarte/convidarvos a nAMORarte (ou namorarvos) a través da nosa modesta exposición de imaxes de cadros, esculturas e fotografías relacionadas co amor. Procuramos que a mostra, aínda que pouco numerosa, fose representativa de diferentes estilos e étapas. Agora, xa ben entrado o mes de marzo e a piques de comezar a primavera, atopaches xa a túa imaxe favorita?
Etiquetas:
actividades,
arte,
día dos namorados,
exposicións
9/3/12
Rosa Aneiros no IES Pedras Rubias
RosaAneiros2
O vindeiro mércores 14 de marzo Rosa Aneiros acudirá ao noso instituto para comentar o bater das "Ás de bolboreta". A charla será ás 12'20 horas e asistirá o alumnado de 4º ESO que tivo este libro como lectura obrigatoria na 1ª avaliación.
O vindeiro mércores 14 de marzo Rosa Aneiros acudirá ao noso instituto para comentar o bater das "Ás de bolboreta". A charla será ás 12'20 horas e asistirá o alumnado de 4º ESO que tivo este libro como lectura obrigatoria na 1ª avaliación.
Esta tertulia literaria, organizada polo Departamento de galego, enmárcase no conxunto de actividades do Instituto para celebrar "Marzo, mes da muller".
Etiquetas:
actividades,
autores literatura galega,
fomento da lectura
5/3/12
Tamén len 5º aniversario
O día 27 de febreiro pasado facíanse cinco anos da primeira sesión do noso "Tamén len". Por suposto, non podiamos deixar pasar esta data sen celebralo por todo o alto. Un lustro xa...
| Paula presentado a Jose Luís |
De todas elas, cinco (en representación ao número de anos) asistiron ao noso acto especial do 5º aniversario: Rosa Velasco (profesora do CPI Altamira), Darío Hermida (enxeñeiro e ex-alumno do noso centro), Loli Castiñeira (concelleira de Turismo de Salceda de Caselas), Roberto Cameselle (Policía local de Salceda) e Suso Cancela (ATS no centro de saúde da vila). Como non podía ser doutro xeito, o condutor do acto foi o noso excompañeiro José Luís, "inventor" desta marabillosa actividade de fomento da lectura.
| Un intre da lectura de Rosa Velasco |
| Entre lectura e lectura, soou a música do noso alumnado |
| Todos os lectores/as da conmemoración |
| Un momento da sentida interpretación de Hugo |
O pistoletazo de saída deuno Paula, coordinadora da BE, coa súa emotiva presentación de José Luís que, á súa vez, fixo as presentacións dos nosos convidados ao que seguiu a rolda de lecturas.
Os fragmentos escolmados foron moi diversos: a amizade e tenrura do fragmento de "O Principiño" escolmado por Rosa, os risos provocados polo monólogo humorístico de Carlos Blanco que nos leu Darío, o sobresalto da violencia relatada por Loli no fragmento de "Mexillóns para cear", a tenrura e o mundo escolar no relato "A lingua das bolboretas" que leu para nós Roberto ou a actualidade e a reivindicación política dos poemas de Bertolt Brecht que recitou Suso. Entre medias as actuacións musicais executadas polo noso alumnado. Agora só resta desexar que faga moitos máis!
Os fragmentos escolmados foron moi diversos: a amizade e tenrura do fragmento de "O Principiño" escolmado por Rosa, os risos provocados polo monólogo humorístico de Carlos Blanco que nos leu Darío, o sobresalto da violencia relatada por Loli no fragmento de "Mexillóns para cear", a tenrura e o mundo escolar no relato "A lingua das bolboretas" que leu para nós Roberto ou a actualidade e a reivindicación política dos poemas de Bertolt Brecht que recitou Suso. Entre medias as actuacións musicais executadas polo noso alumnado. Agora só resta desexar que faga moitos máis!
| Foto de familia dos asistentes e organizadores/as |
Etiquetas:
actividades,
fomento da lectura,
tamén len
24/2/12
E a gañadora do "Amor na rede" é...
Onte no recreo houbo reunión de MQs para escoller o corazón gañador do noso concurso "Amor na rede". Despois de escolmar aqueles que cumprían as bases, fixemos unha selección de catro finalistas. Logo dunha difícil e rifada votación, o gañador foi o corazón que tedes abaixo na imaxe, que viña asinado como "Piolín" e resultou pertenecer a Cristina Vaqueiro Gómez de 3ºC.
Noraboa, Cristina!!! E xa sabes, vai pensando en a quen vas levar de cea...
Os outros tres finalistas pertencen a Jessica Bonet Iglesias (4ºA), Celina Fernández Vázquez (3º D) e Karen Engster (3ºA).
Ficamos moi satisfeitas pola numerosa participación. Grazas!
Etiquetas:
actividades,
concurso,
día dos namorados
12/2/12
Exposición do “Catálogo de best-sellers imaxinarios”
Unha das actividade desenvolvidas durante a formación de usuarios que levamos a cabo no primeiro trimestre, consistiu en pedirlle ao alumnado que deseñase a portada dun libro (novela, libro ilustrado, banda deseñada, divulgación, xuvenil,... en galego ou castelán), do que deberían inventar ademais o título e o autor/a/es. Posteriormente tiñan que catalogalo e poñerlle o tellolo correspondente.
O resultado dos traballos superou as nosas expectativas polo que decidimos mostralos a través dunha exposición, como xa adiantabamos na entrada anterior, titulada "Catálogo de best-sellers imaxinarios" e que se atopa no corredor, xusto diante da nosa biblioteca.
Para os que non a poidades visitar in situ, aquí vos deixamos unhas fotos.
Mais... o deseño non é o único que se lle dá ben ao noso alumnado. Para mostra, deixámosvos as tres DEFINICIÓNS de BIBLIOTECA que escolmamos, das obtidas durante a formación, por seren as que máis nos emocionaron.
“A biblioteca é un sitio
onde os libros invaden a imaxinación dos nenos”
Alexandre
Gesto Romero. 1ºA
“ A biblioteca é un
marabilloso lugar onde vivir aventuras nun grande mar de fermosas letras".
Alejandro
Romero Veloso”. 1ºB
“Unha biblioteca é como un
conto cheo de letras fermosas que te atrapan dentro dela".
Yéssica Bras Sanjuán 1ºB
Etiquetas:
actividades,
exposicións,
formación de usuarios
10/2/12
Begoña Caamaño pon o anel de Palova
Onte o club de lectura de profes "O anel de Palova" vestiuse de gala coa visita de Begoña Caamaño, autora de "Circe ou o pracer do azul". A escolla do libro xurdiu por unha das recomendacións do Marzo en feminino do curso pasado.
O pracer foi, realmente, dos asistentes, que gozamos coa simpatía e proximidade de Begoña. Escoitáronse moitas e diferentes versións da obra. Xurdiron reflexións sobre os afectos, as relacións, os mitos, a súa actualidade... Aprendemos que un libro mellora cando o compartes. Moitas grazas, Begoña, foi un pracer de todas as cores!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)














