E despois de compartir con vós as nosas descubertas viaxeiras pasamos a facer un rápido repaso do comezo das actividades da biblioteca e das novidades literarias.
Novidades da nosa biblioteca:
- Como moitos de vós ben sabedes, comezamos o curso cunha reordenación exhaustiva dos fondos da nosa Calixtina porque a coitada daba peniña e queríamos tela ordenada e ben feitiña para dar comezo á Formación de Usuarios que recibiredes tódolos cursos nas vindeiras semanas.
- O próximo luns 17 durante o recreo terá lugar a primeira sesión do Tamén len deste curso. Nesta ocasión a convidada é Saltina, mestra do Colexio Altamira.
- E tamén o vindeiro luns 17 pero en horario de sobremesa, inauguramos o Club de Lectura. Paula e Xoán aínda non saben como van facer xa que este curso anotáchesvos MÁIS DE 70!!!!! (Terá algo que ver a excursión pola Ribeira Sacra e o vó en helicóptero?).
- E os MQs non ían quedar atrás! Temos a primeira reunión o mércores 19 no recreo... y traemos TERRORÍFICAS ideas...
- As listas de lecturas recomendadas van en aumento e pronto vos comentaremos as recomendacións feitas polos Departamentos de Ciencias e Música.
Novidades literarias e cinematográficas:
- O poeta sueco Tomas Tranströmer vén de recibir o Premio Nobel de Literatura.
- Agustín Fernández Paz resultou o gañador este ano do Premio de Literatura Infantil e Xuvenil de SM que se fallou na FIL (Feira Internacional do Libro) de Guadalajara (México). O Premio seralle entregado o 29 de novembro.
- E, por suposto, libros e máis libros e películas, entre eles o último de Laura Gallego "Donde los árboles cantan" que saíu hoxe á venda, os audiolibros que vén de editar a editorial Rinoceronte, a estrea o mes que ven de "Amanecer" ou o último en xogo de rol e novela de ciencia ficción galega, dos que vos iremos informando nas vindeiras entradas.
Seguídenos!!!!
6 comentarios:
tambien podias decir en las novedades que vamos nosotros xD.
Somos importantes jaja
Eu acabo de alucinar coas fotos das bibliotecas!Alucinante! Que sorte poder estar aí.
E tedes máis de setenta no Club de Lectura!!? Iso si que é un número considerable de xente!
Seguireivos visitando ;)
Unha aperta desde Parderrubias :P
Que ilusión Carmen!!! Todo ben? Encantadas de verte por aquí, por suposto!
Eu quero ler ese libro, paréceme que pode ser realmente interesante.Descubrino na estantería que está en fronte da bibloteca e teño ganas de lelo.
Por agora todo vai ben. Grazas por preguntar ;)
Se algún día podemos ir a visitarvos falamos.
Saúdos!
Así me gusta, Karen, exercendo de MQ desde o primeiro día! Se o libro do que falas é o de Laura Gallego aínda non o temos, só esta no estante o primeiro capítulo. Terémolo en breve.
Publicar un comentario