14/10/11

Poñéndonos ao día!

E despois de compartir con vós as nosas descubertas viaxeiras pasamos a facer un rápido repaso do comezo das actividades da biblioteca e das novidades literarias.

Novidades da nosa biblioteca:
  • Como moitos de vós ben sabedes, comezamos o curso cunha reordenación exhaustiva dos fondos da nosa Calixtina porque a coitada daba peniña e queríamos tela ordenada e ben feitiña para dar comezo á Formación de Usuarios que recibiredes tódolos cursos nas vindeiras semanas.
  • O próximo luns 17 durante o recreo terá lugar a primeira sesión do Tamén len deste curso. Nesta ocasión a convidada é Saltina, mestra do Colexio Altamira.
  • E tamén o vindeiro luns 17 pero en horario de sobremesa, inauguramos o Club de Lectura. Paula e Xoán aínda non saben como van facer xa que este curso anotáchesvos MÁIS DE 70!!!!! (Terá algo que ver a excursión pola Ribeira Sacra e o vó en helicóptero?).
  • E os MQs non ían quedar atrás! Temos a primeira reunión o mércores 19 no recreo... y traemos TERRORÍFICAS ideas...
  • As listas de lecturas recomendadas van en aumento e pronto vos comentaremos as recomendacións feitas polos Departamentos de Ciencias e Música.
Novidades literarias e cinematográficas:
  • O poeta sueco Tomas Tranströmer vén de recibir o Premio Nobel de Literatura. 
  • Agustín Fernández Paz resultou o gañador este ano do Premio de Literatura Infantil e Xuvenil de SM que se fallou na FIL (Feira Internacional do Libro) de Guadalajara (México). O Premio seralle entregado o 29 de novembro.
  • E, por suposto, libros e máis libros e películas, entre eles o último de Laura Gallego "Donde los árboles cantan" que saíu hoxe á venda, os audiolibros que vén de editar a editorial Rinoceronte, a estrea o mes que ven de "Amanecer" ou o último en xogo de rol e novela de ciencia ficción galega, dos que vos iremos informando nas vindeiras entradas.
Seguídenos!!!!

6 comentarios:

yago dijo...

tambien podias decir en las novedades que vamos nosotros xD.
Somos importantes jaja

Carmen dijo...

Eu acabo de alucinar coas fotos das bibliotecas!Alucinante! Que sorte poder estar aí.
E tedes máis de setenta no Club de Lectura!!? Iso si que é un número considerable de xente!
Seguireivos visitando ;)
Unha aperta desde Parderrubias :P

biblosvivos@gmail.com dijo...

Que ilusión Carmen!!! Todo ben? Encantadas de verte por aquí, por suposto!

Karen MQ y lectora:) dijo...

Eu quero ler ese libro, paréceme que pode ser realmente interesante.Descubrino na estantería que está en fronte da bibloteca e teño ganas de lelo.

Carmen dijo...

Por agora todo vai ben. Grazas por preguntar ;)
Se algún día podemos ir a visitarvos falamos.
Saúdos!

biblosvivos@gmail.com dijo...

Así me gusta, Karen, exercendo de MQ desde o primeiro día! Se o libro do que falas é o de Laura Gallego aínda non o temos, só esta no estante o primeiro capítulo. Terémolo en breve.