Que podemos dicir de Tintín que non estea dito?!
TINTÍN, O INFATIGABLE XORNALISTA
Poucos afeccionados haberá que poñan en dúbida que Tintín é o personaxe da banda deseñada europea máis importante e influínte do século XX, e do que levamos de XXI. Trátase dun fenómeno único no mundo do cómic, que acadou traspasar a barreira xeracional e mais as fronteiras políticas, para chegar ó público de case tódolos países e ser traducido a máis de trinta idiomas.
Su creador foi o debuxante belga George Rémi
(1907-1983) máis coñecido como Hergé,
que algúns anos antes dera vida a Totor,
un boy-scout idealista, que ten moitas características en común co que logo
sería Tintín. A primeira aventura de Tintin levouno en 1929 á Unión Soviética (Tintin
no Pais dos Soviets) para facer unha denuncia conservadora, e ás veces
algo tópica, do “paraíso comunista”. Esta primitiva historia publicouse en
branco e negro en “Le Petit Vingtième”,
suplemento xuvenil dun xornal belga. A segunda aventura terá como escenario o
Congo, e nela Hergé describe a realidade africana do colonialismo co punto de
vista e os prexuizos habituais dos europeos da época.
Pero a partir de Tintín en América as
historias empezan a cambiar. Hergé deixa menos espazo á improvisación, os
argumentos son cada vez mais sólidos, aparecen outros personaxes secundarios
que enriquecen a serie, e ademais de aventura podemos atopar algúns bosquexos
de crítica social. Por exemplo, neste mesmo episodio farase alusión á influencia
dos gángters na corrupción política (cousa que continúa nos nosos días), o
racismo contra os indios ou a rapacidade do capitalismo americano.
Moi cedo vemos como Hergé se toma cada vez máis
en serio o seu personaxe, chegando case a ter unha obsesión pola documentación,
para dotar de realismo ás súas historias. Leía gran cantidade de libros de
viaxes, chegou a estar suscrito ó National Geographic, recopilou moreas de
fotografias, utilizaba maquetas para debuxar os barcos, avións, etc, e ata
entrevistaba a informantes de primeira man sobre os temas que trataba, como se
fixera unha espécie de “traballo de campo”.
Así nunha das súas mellores historias, “O
Loto Azul” (1934), esforzouse por superar os estereotipos acerca dos
orientais, e contou coa colaboración dun seu amigo chinés para aprender o
idioma e para que os ideogramas que aparecen nos debuxos tiveran significado. O
cómic reflicte moi ben o clima prebélico do momento, e o expansionismo do
Imperio nipón, o que lle valeu a Hergé as protestas do embaixador xaponés.
Durante a ocupación alemana de Bélxica, Hergé
seguiu a debuxar as aventuras de Tintin para Le Soir, un xornal proclive ós invasores, o que logo lle acarreu
moitos problemas. Nesta época publicou A Illa Negra (historia que transcorre
en Escocia e que foi redebuxada e versionada en tres ocasións distintas), O
cetro de Ottokar (curiosamente unha alusión á ocupación nazi de
Polonia, que puido pasar a censura. Hergé chegou a inventar o país de Sildavia,
todo un prodixio de imaxinación narrativa), O caranguexo das tenaces de
ouro...
Nestas aventuras vemos como Tintín se
transforma nun infatigable viaxeiro, en compaña doutros personaxes secundarios,
que chegan a ter case tanto protagonismo como el na serie: o can Milú,
Hernández e Fernández, o capitán Haddock, o profesor Tornasol...
Tamén nesta época Hergé empeza a contar con
colaboradores, outros debuxante que lle axudaron a cumplimentar as historias. O
primeiro fora Edgar P. Jacobs, que
colaborou con el en O cetro de Ottokar. Despois da guerra creouse o Studio Hergé onde traballaron Jacques Martin, Bob de Moor e Roger
Leloup, que darían logo orixe á chamada Escola de
Bruselas. Hergé, tras un período de cuarentena por
“colaboracionista”, non só volveu a debuxar o seu famoso personaxe, se non que
sacou adiante unha revista (“Tintín”
en 1946) e acordou coa editorial Casterman a reedición das aventuras en formato
libro. Había que darlle cor ós debuxos, redebuxar as historias máis antigas,
porque a ambientación das orixinais quedárase desfasada, prestar máis atención
ós detalles como as máquinas, os automóviles, as arquitecturas, etc.
A serie de Tintín
forma un corpus de 24 aventuras (máis unha que quedou inconclusa) e na maioría
delas Tiníin e os seus amigos realizan unha viaxe a algún recuncho do globo. É
difícil escoller entre estas historias, pero para non facer demasiado longa
esta entrada, imos centrarnos nalgunhas delas, nas que a viaxe ten especial
relevo:
-O Templo do Sol (1949): Destaca pola
súa coidada ambientación do Pirú (paisaxes dos Andes, tipos humanos, arqueoloxía)
e polo respecto co que Hergé nos amosa o pobo quíchua e a cultura precolombina dos
Incas.
Filme: As aventuras de Tintín. O Templo do Sol
-Obxectivo a Lúa / Aterrizaxe na Lúa (1953-54)
Nestas historias o globo terráqueo quedou-se pequeno para Tintín e os seus
amigos, que chegan ó noso satélite 16 anos antes que Amstrong, nun cohete
inspirado no V-2 de von Braun. A viaxe espacial é explicada dun xeito dabondo
convincente nesta aventura.
-Tintín no Tibet (1960): Debuxada nunha época na que Hergé
atravesaba unha depresión, algo desto se pode percibir na paisaxe dominada por
unha abrumadora cor branca. Quixo inventar unha historia onde se ensalzara a
amizade, na que Tintín non se enfronta a ningún inimigo humano. Hai tamén unha
reivindicación do pobo tibetano, frente á recente invasión pola China de Mao.
-Tintín e os Pícaros (1976) A derradeira aventura publicada de Tintín, transcorre na
república imaxinaria de San Theodoros (América do Sul), entre guerrilleiros e
ditadores populistas, que gobernan seguindo os seus intereses e sen preocuparse
pola miseria do pobo ( igual que segue a
acontecer nos nosos días).
(Nacho,
profe de Plástica)
No hay comentarios:
Publicar un comentario