Mariñeiro, aventureiro, romántico, cínico, amoral, valente, curioso, egoísta e independente, pero, en definitiva, heroe moi humano, con defectos incluídos. Trascende a obra, ten vida propia máis alá do autor, porque pasou a formar parte das nosas vidas e a formalas, xa que acompañándoo nas súas viaxes aprendimos moito de xeografía, historia, dos costumes doutras culturas, de atreverse a correr certos riscos, de aventurarse e de saber ser libres e, sobre todo, de respectar as diferentes culturas.
O filme completo A balada do mar salgado.
Nace a primeira historia de Corto Maltés en 1967: A BALADA DO MAR SALGADO, e o crea HUGO PRATT como un personaxe secundario, máis duro e áspero en principio, aínda que chamado a trascender e tomar protagonismo e a converterse nunha icona do s.XX.
1967 é un ano no que o mundo da Banda Deseñada acada novidades revolucionarias con este personaxe vital, trascendente, reflexivo e que nos fai reflexionar a través dunha historieta extensa que abre o camiño á novela gráfica, porque o seu autor, Hugo Pratt (1927-1995), demostrou que era ben dificil facer unha boa historia a través da BD, aínda que tamén foi quen de escribir algunha novela. Este debuxante e escritor tivo unha ampla e fonda cultura, ademais dunha vida de verdadeiro aventureiro, vivindo en diferentes países, con experiencia nas guerras que lle tocou vivir, ou como un completo e verdadeiro artista.

Corto Maltés nace en 1887 en A Valetta, Malta; e faino morrer, mellor dito desaparecer, no contexto da Guerra civil española -a última guerra romántica- na súa última aventura.
Queremos animarvos a que vos acheguedes a este personaxe con quen tanto podedes viaxar e coñecer.

Enlaces a algúns interesantes artigos sobre Corto Maltés:
http://dreamers.com/corto/cortovid.htm
http://dreamers.com/corto/images/1913.html
http://www.fantasymundo.com/articulos/1198/balada_mar_salado
http://laantiguabiblos.blogspot.com.es/2013/02/la-balada-del-mar-salado-hugo-pratt.html

No hay comentarios:
Publicar un comentario