JIRO
TANIGUCHI – SKY HAWK
FICHA DE LECTURA:
-TÍTULO:
Sky Hawk.
-AUTOR: Jiro Taniguchi.
-AUTOR: Jiro Taniguchi.
-LUGAR DE PUBLICACIÓN: Girona.
-EDITORIAL: Ponent Mon.
-ANO DE PUBLICACIÓN: 2002
-PUBLICADO EN ESPAÑA: 2010
ARGUMENTO:
Hikozaburo e Manzo, dous
samuráis exiliados aos EE.UU. durante a Restauración Meiji (1868), viven da
caza no territorio dos indios Crow. Un día Hikozaburo axuda a escapar a unha
india chamada Cervo Saltareiro,
perseguida por uns cazarrecompensas que lle seguen a pista. A piques de ser
apresados, son salvados por un grupo de guerreiros oglala ao mando de Cabalo Louco. O xefe indio, fascinado
pola técnica de loita dos dous samuráis, invítaos ao seu campamento para aprender
jiu-jitsu aos seus homes. Deste encontro nacerá unha fonda amizade.
Convertidos en Falcón do Ceo e Lobo do Vento, os dous samuráis loitarán xunto aos indios contra o
home branco que vén a conquistar o Oeste. A batalla por salvar o territorio
sagrado de Black Hills será terrible, mais os valentes guerreiros están
decididos a loitar ata o final, nunha reconstrución fiel da famosa batalla de Little Big Horn, onde perdeu a vida o xeneral Custer, en 1876; pero que foi seguida dunha implacable persecución por parte das tropas do exército, e provocou a forzada retirada dos indios ás reservas.
Con Sky Hawk, Jiro Taniguchi, ofrécenos un
western fascinante onde o bushido xaponés e o código de honor indio nútrense
dos mesmos valores. A paisaxe do Far West americano e o estilo depurado do
autor combinan á perfección na historia dunha amizade improbable. Xoga coa
sensación de que os seus personaxes existiron, imprimíndolles o maior realismo
posible nun contexto estraño; pero que ten puntos en común, nas
súa formas de pensar, de relacionarse coa natureza, de tratar a vida e a morte...
Sabemos que na atualidade, son as aventuras e os heroes do manga xaponés os que triunfan entre a mocidade; namentres que anteriores xeracións tiveron entre os seus aventureiros favoritos os personaxes do western. Por iso, esta obra de Taniguchi é particular, porque o mesmo autor xaponés estivo influído dende xoven polos filmes do oeste e polas historietas ou cómics de vaqueiros que se facían en Occidente. Con Sky Hawk, fai unha magnífica, fonda, xusta e ben documentada homenaxe a este xénero, onde os protagonistas son dous xaponeses que vivirán entre indios americanos e pistoleiros; e onde defende a postura das tribos indias...
Sabemos que na atualidade, son as aventuras e os heroes do manga xaponés os que triunfan entre a mocidade; namentres que anteriores xeracións tiveron entre os seus aventureiros favoritos os personaxes do western. Por iso, esta obra de Taniguchi é particular, porque o mesmo autor xaponés estivo influído dende xoven polos filmes do oeste e polas historietas ou cómics de vaqueiros que se facían en Occidente. Con Sky Hawk, fai unha magnífica, fonda, xusta e ben documentada homenaxe a este xénero, onde os protagonistas son dous xaponeses que vivirán entre indios americanos e pistoleiros; e onde defende a postura das tribos indias...
SOBRE O AUTOR:
Jiro Taniguchi é un famoso autor de manga xaponés de estilo realista, trazo limpo e acabado detallista, moi influenciado polo cómic europeo, en concreto pola historieta franco-belga.
Jiro Taniguchi naceu en 1947 en Tottori (Xapón). Comezou a traballar en 1966 como asistente no estudio do debuxante de manga Ishikawa Kyota, debutando xa como debuxante en 1970 con Un verán seco. Nos seus primeiros anos debuxaría historias curtas para diversas revistas, ata publicar a súa primeira serie propia, Animais sen nome, Kodansha 1975), unha historia protagonizada por animis.
Dende 1976 ata 1979 publicou numerosos traballos de todos os xéneros con varios guionistas como Natsuo Sekikawa, con quen realizaría obras como Cidade sen defensa, 1976), O vento do Oeste é branco, 1976 ou Lindo 3! (1978).
Nos anos 1980 volveron a traballar xuntos en A época Botchan, 1987-1996, obra longa baseada no clásico da literatura xaponesa do escritor Natsume Soseki sobre a vida en Xapón durante a era Meiji (finais do s. XIX), polo que recibiría o Premio Cultural Tezuka Osamu en 1998. Con Sekikawa volvería a traballar en Hotel Harbour View (1986), obra publicada en diversos países como EE UU, Francia ou España, e que para moitos lectores sería a primeira obra coñecida do autor.
A partir de 1991 comeza a alternar os traballos con outros guionistas con obras en solitario, de corte máis intimista, entre as que figuran O camiñante, 1990-1991, O almanaque de meu pai, 1994. ou Barrio lonxano, 1996, que obtivo o premio L`Alph Art ao mellor guión no Festival de Angulema de 2003 e o premio á mellor obra no Salón do Cómic de Barcelona de 2004. En 1997 publica Ícaro na revista semanal Morning, con guións de Moebius e Jean Annestay, obra que debía extenderse en diversos volúmes, pero que tivo un final precipitado, recompilándose posteriormente nun único volume.
Xa no s. XXI publica obras como O rastrexador, 2000, Seton (2004), Un ceo radiante, 2005 ou A montaña máxica, 2007, a súa primeira obra publicada en formato álbum europeo e a cor. En 2008 publica a obra autobiográfica Un zoo en inverno, narrando o traslado dende a súa vila natal á gran cidade e os seus inicios no mundo do manga en Tokio, como axudante dun mestre mangaka.
Taniguchi gañou numerosos premios en Xapón, e os seus traballos son traducidos en varios idiomas.É un dos autores de manga contemporáneos máis recoñecidos internacionalmente, destacando a súa presenza no mercado francés. (fonte: Tebeosfera)
(véxase a ficha de lectura no apartado Lecturas que fixemos do blog do noso Club de Lectura)
No hay comentarios:
Publicar un comentario